viernes, 9 de octubre de 2020

Os mapas del interrogatorio de Tomás López

    Seguro qu’algúa vez ouguisteis falar de Tomás López: el máis importante xeográfo y cartógrafo español del siglo XVIII, con obras ben conocidas pral que ye guste un pouco a cartografía.

    Nel último cuarto del siglo XVIII, Tomás López mandóu un interrogatorio con quince perguntas a autoridades da provincia, curas das parroquias máis que nada. Dicimos que foi nel último cuarto del siglo porque as fechas del interrogatorio prá provincia d’Asturias son mui estensas: van dende úas poucas na década de 1770 hasta a década de 1790 unde se recoyen a mayoría.

     Son 43 os conceyos que responden al interrogatorio. Da nosa terra son Bual, Castripol, Cuaña, El Franco, Grandas, Ibias, Navia, San Tiso d’Abres y Vilanova d’Ozcos. En muitos dos casos as respostas manuscritas levan apareyao un croquis del conceyo feito pol informante. 

   As respostas a os interrogatorios, que se xuntaron baxo a denominación de Diccionario Geográfico de Tomás López, perderónse y nun se soupo d’elos durante muitos anos, hasta qu’apareceron núa subasta en París en 1894. Tampouco nun se sabe cómo chegaron á Biblioteca Nacional d’España (BNE), unde se poden consultar hoi día os fondos. 

   Nun se tein demasiao estudiadas as respostas asturianas. Merinero y Barrientos fixeron úa publicación d’elas en 1992: incluyen as respostas por escrito y os mapas dos informantes, pro non os croquis que fai el propio López nas cuartiyas das respostas, que deixan fóra. Tamén López Gómez asegura nun artículo en 1996 qu’as respostas d’Asturias nun levan croquis del propio cartógrafo, condo, como vedes, nun é así. 

   Nun podemos saber esactamente el ano en que López fixo el croquis. As respostas de Castripol son de 1797, as de Vilanova d’Ozcos de 1793, San Tiso d’Abres de 1796 y El Franco de 1772. Entendemos que, por unde se localiza, ten que ser feito despós das respostas de Castripol.

   El actual dixitalización na BNE permite afondar nel estudio das mesmas. Aquí tedes el enlace por se vos apetece botarye un oyo:  http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000013476_1 

   Estas primeiras tres imaxes son el croquis qu’el  propio cartógrafo fai nas cuartiyas del conceyo de Castripol y dúas vistas en detalle del mesmo pra velo miyor (imaxes 1, 2 y 3) 


Imaxe 1. Croquis de Tomás Lopez da información del Conceyo de Castripol. Páxina 127 da dixitalización da BNE.


Imaxe 2. Detalle da zona norte del croquis.


Imaxe 3. Detalle da zona sur del croquis.

    A cuarta imaxe é el croquis (máis ben mapa, neste caso) que ye manda en  1797 Pedro Canel Acevedo, de Salave de Castropol,  de toda a zona occidental asturiana entre L.luarca y Ribadeo. Este mapa si foi publicao por Merinero y Barrientos.

    Entendemos, pola carta qu’acompaña el escrito, que ta feita en 1797. Ben puidera ser que Canel intente completar el mapa d’Asturias que publicara López en 1777 (mui probablemente basao nel qu’en 1772 fai Jacinto Abella Fuertes, qu’era de Caneiru, en Valdés, y, polo tanto, ben conocedor da zona).

   Esta é sin duda a representación cartográfica máis real da comarca occidental asturiana hasta ese momento. É mui completa en conto a lugares y poblos, y afonda tamén noutros datos como a situación de fornos de cal (na Lieira) ou a de algúas ferrerías (Nafaría, Meredo, A Viguía y Boimouro); tamén indica os portos y algún dato máis.

     Nel mapa nun figuran os camíos, pro si os ríos: einda chama Río de Miranda al Río Eo y á Ría del Eo chamaye Ría de la Vega, como se pode ver na imaxe númaro 5, anque nas descripcióis dos conceyos figura sempre Río Eo pra darye nome al río y en máis d’úa ocasión Ría de Ribadeo pra chamarye a ría.


                                  Imaxe 4. Mapa de Pedro Canel de Acevedo. Páxina 354 da dixitalización da BNE.

Imaxe 5. Detalle da zona entre Ribadeo y El Franco.

     A lectura dos testos de todos os conceyos occidentales é ben interesante y merecedora d’un estudio máis grande. A propia carta qu’acompaña al mapa de Pedro Canel aclara puntos da elaboración del mesmo (podese ver nas páxinas 352 y 353 da dixitalización da BNE) y a descripción del Franco que fai el cura de Valdepares é lamar de completa, incluíndo apartaos sobre a economía y a historia del Conceyo. A de Salime é tamén mui completa y el mapa merece a pena miralo en detalle (imaxe 7). 

     

Imaxen 6. Mapa del conceyo de Cuaña. Páxina 149 da dixitalización da BNE.

Imaxen 7. Conceyo de Salime. Páxina 383 da dixitalización da BNE.

   Parece claro que, pra os que tamos interesaos nel estudio da historia, a toponimia y el saber en xeneral sobre el Navia-Eo é necesaria a elaboración d'úa monografia sobre este tema y el análisis detallao del contido dos papeles del Diccionario. De momento, esta é úa chamada d'atención pra que nun s'esqueiza a súa esistencia. 

Bibliografía:

 LÓPEZ, Tomas (siglo XVIII), Diccionario Geográfico de España: Asturias,   http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000013476_1

 LÓPEZ GÓMEZ, Antonio (1996): “El método cartográfico de Tomás López. El interrogatorio y los mapas de España, Estudios Geográficos”, Vol 57 Num 225, CSIC,  http://estudiosgeograficos.revistas.csic.es/

 MERINERO, María Jesús y Gonzalo BARRIENTOS (1992): Asturias según los asturianos del último setecientos (respuestas al interrogatorio de Tomás López), Servicio de Publicacióis del Principao d’Asturias, Uviéu.

 




lunes, 22 de junio de 2020

Postales da Ría del Eo


     Poño aquí úas poucas postales da mía colección. Neste caso xunto as que fain referencia á Ría del Eo.

    As dúas máis veyas xa son conocidas hai tempo. Forman parte da colección Ría Eo que publicóu a Unión Postal Universal  y das qu'hai abondas máis de todos os lugares da ría (pro poño solo as qu'eu teño; outro día hei faer úa entrada coas qu'hai por ei).

    D'esta colección Ría Eo amañarónse dúas series. As fotos da Serie A son máis veyas; tán feitas por Jean Laurent, que morréu en 1866, como nas fotos pon Laurent & CIA pode ser qu'algún fotógrafo del sou equipo seguira faendo fotos y señan algo máis veyas, pro nun parece que fose así. Das da Serie B, qu'é a que nos interesa hoi, nun sabemos el fotógrafo; pola rede hai algúa con matasellos y fecha de 1910, col ben puidera ser ese, ou outro anterior, el ano da súa publicación.


A Lagúa hacia 1910

     Na primeira d'elas podemos ver A Lagúa, nas Figueiras, y é ben interesante polos labores da xente que nela vemos: os carros del pais coa gancela, un par de muyeres lavando roupa na lagúa y varios nenos "de xente ben" dando un paseo; tamen algúa persona nel parque (quizáis pola pucha un militar ou un marino), que xa taba cercao, mirando pral fotógrafo. As casas, como é habitual nas fotos antiguas das Figueiras: miserables, y a fábrica ben nova, agá polas chaminías, que tein a marca da cinza.


A Talaya

  A segunda das postales d'esta colección é a da Talaya (este é el nome correcto en galego-asturiano, A Talaya, anque nun tamos avezaos velo así escrito). Na postal podemos ver un peteiro de xente, todos homes, nos pés da capiya de San Román. Polas puchas quizáis pódamos pensar que dalgún é marino. Choca tamén ver dalgún bombin y nel calzao podemos estremar dalgús zocos. Nos xardíos vense árboles prantaos de ben pouco.


A Ría del Eo, 1934, delanteira


    A terceira d'elas é úa postal que ye manda desde Castripol Serafín Pérez a "la niña Vicenta Palanea", de Burjasot (Valencia), el 28 de mayo de 1934. A postal nun ten título y usa el francés na súa traseira; nun conozo máis datos. El texto del róves é ben interesante: "Ahí le envio una vista de Ribadeo, la desembocadura rio Eo: a la derecha Asturias y Galicia, a la izquierda". Pro inda é máis interesante as anotacióis que fixo Serafin Pérez na portada identificando Ribadeo, Galicia, Asturias, a desembocadura del Eo y a ría del Eo. Por certo: nel primeiro plano vemos un barco fondiao al lao de Castripol, nun sito qu'hoi parécenos imposible.

A Ría del Eo, 1934, traseira

Ría del Eo, reportajes gráficos Saez

  A cuarta das postales debe ser dos anos cincuenta del siglo XX; nun teño máis datos qu'a mía intuición. El editor é, según el sello que trai na traseira, Reportajes Gráficos Saez, con dirección c/ Rodriguez Murias 21, Ribadeo.

Ribadeo: Plano de la Ría, Ediciones CAPE-Ribadeo

    El última postal é pra min a máis interesante. El ano de publicación ten que tar cerca a 1972, que foi condo abriron a linia de tren entre A Veiga y Luarca. Como el nome indica, é un plano da Ría del Eo coas cuatro vilas y as comunicacióis qu'existian entre elas por terra.

    Al cabo, as postales son interesantes elas solas, pro tráigolas aquí pola antigüedá que tein nel uso del nome Ría del Eo, algo que dalgún s'empeña en negar. Tamén é interesante que polo menos as dúas últimas tán publicadas en Ribadeo y os editores nun tein vergonza en usar el nome "asturiano" (algo que tamen pasaba nos periódicos que se publicaban en Ribadeo). Quede polo menos el archivo gráfico pra que lo poda ver todo el mundo.



    


sábado, 28 de marzo de 2020

El remo nas Figueiras: El Peña del Mar (II)

Logo del Club Peña del Mar.



  Despos daquelos triunfos en bateles, el Peña del Mar el Peña del Mar empezóu a competir en categorías inferiores de banco móvil. Pra promocionar el banco móvil, a Federación Española de Remo premiaba a os campióis del Campionato d'Asturias de Bateles con embarcacióis, fruto daquelas victorias el club conseguiu a propiedá de algúos skiffes y doble-sculls.
    Deste xeito, as categorías infantil y cadete del club habían medrar con nenos nacidos na década dos anos 60. A competición había levarlos a participar en regatas en Sevilla, Vigo ou Mequinenza, sin duda úa aventura pra mocedá pixota que participaba nas mesmas.
    El orixen das embarcacióis deu lugar en 1980 a úa riña entre el Club y a Federación Asturiana de Remo, xa qu'a recompensa pr'os campióis asturianos de doble-scull en categoría cadete del ano 1979 (campionato que ganaran os das Figueiras), úa embarcación "dos-con", fora entregada al club de Navia en secreto, pese a nun ganar a regata, meses máis tarde a maniobra viu a luz y a embarcación pasóu a os sous lexitimos propietarios.
     El Club ha seguir participando en regatas hasta el ano 1982, y aquí termina a historia del Peña del Mar de Figueiras.Anos más tarde adquiriuse úa barquilla, pensó que la compróu pola Comisión de Festas, na que a mocedá participou na algúa regata pola contornada y qu'hasta hay ben pouco usaban uos chavales de Navia (nun sei si siguen usandola), aunque nunca máis se formóu un club como tal.
1979. Arriba: Nardo, Manolo y Legazpi. Abaxo: Bane y Pedro.
1982. Castropol. Josito, Ignacio, Avelino, Josito, Manolo, Pedro y Fran.

Julio recibindo un trofeo de Marino
1978.Licencia cadete de Mari Carmen Martínez Soto, úa das primeiras licencias de remo femenino en Asturias.