jueves, 13 de octubre de 2016

Región: diario de la mañana



   
   El diario Región publicóuse en Uviéu entre os anos 1923 y 1983 pola Editorial Gráfica Asturiana. El subtítulo Diario de la mañana nun lo usaron hasta el ano 1933, pro parecéume acertao titular a entrada del blog d’este xeito. Foi un diario con abondo uso de material gráfico, lo que nos deixa trer us contos recordos y algúa qu’outra ayalga. As fotos qu’amostramos aquí vein dos númaros custodiaos pol Real Instituto d’Estudios Asturianos (RIDEA), que tán dixitalizaos y poden consultarse na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica del Ministerio de Cultura. A calidá das fotos nun é a miyor porque tán sacadas directamente del periódico. 

1.-A.Fernández, Región, 5 de marzo de 1924
    A primeira das fotos é pra min a máis interesante pol sou interés etnográfico. É úa foto del ano 1924 d’úa murga del antroido (penso qu’a foto pode ser na plaza de San Foliz). El grupo vai con un moneco (un antruejo, chámaye el redactor, palabra casteyana equivalente al noso antroido) encima d’un burro. Nel víspora xa fora publicada úa nova sobre el antroido na vila na que falaban d’estas murgas y tamén das corridas de galos que s’amañaban nel lugar. Sobre as murgas cuntan que salían polas aldeas d’alredor el sábado antias del domingo d’Antroido. Fruto d’esas escursióis xuntaban ovos (vese un bon cesto na foto), xamón y embutidos cos qu’amañaban úa búa fartura. 


    El corresponsal cunta cómo as murgas inda se xuntaban, anque as festas del Antroido foran muito a menos (algo qu’achaca al emigración), pro el outro costume, as corridas de galos, xa nun se faía. Sobre este tema escribe J. M. (qu’é como firma): "El espectáculo más suntuoso que se daba era la corrida de gallos. Se celebra el domingo en la plaza del Comercio y el martes en la explanada del muelle. Asistía todo el vecindario, y venía mucha gente de los pueblos inmediatos, sobre todo de Castropol y Barres. De una cuerda, extendida de un extremo a otro, se colgaba uno y más gallos. Los jóvenes de la villa, ataviados con vistosos y flamantes trajes, empuñando un sable, atacaban al gallo hasta que le cortaban el cuello. El acto duraba un par de horas, y en este espacio de tiempo reinaba en la plaza una estruendosa algazara. Cuando se daba fin, la gente recorría el pueblo en alegre comitiva, tocando diferentes instrumentos musicales. Con los gallos muertos se hacía una suculenta comida. Junto a las mascaradas y murgas, había con frecuencia ordenadas comparsas, que se formaban con elementos estudiantiles, entonces muy nutridos en esta villa y otros que venían de Castropol y Ribadeo" (Región, 4 de marzo de 1924).
    
2.- Mancio, Región, 7 d'agosto de 1924
       A segunda das fotos corresponde al acto da bendición del Cuartel dos carabineiros (na casa que máis tarde foi el Chevalier y despos el Andorra). Participaron nel acto el alcalde de Castripoll, Francisco Campoamor; el primeiro tenente d’alcalde, José Castro Valdés; el tenente coronel dos carabineiros da Comandancia d’Uviéu, José de Diego Abadía; el responsable del goberno nel partío, Alejandro Velarde; y muitas máis autoridades. Celebróuse a bendición con úa misa cantada pol cura da parroquia naquelos tempos, Inocencio Cotarelo, cua capiya de música dirixida por Enrique Murias. Fíxose despós a procesión de Santiago (celebraron a festa el mesmo día) hasta el cuartel, con banda de música y un piquete de carabineiros. A madrina del acto fora María del Rosario Trénor y a bandeira izóula nel mástil Mariano Hernández, comandante dos carabineiros das Figueiras.

      As outras fotos forman parte d’un reportaxe fotográfico que fixo el diario con motivo da visita da Súa Alteza Real el Príncipe d’Asturias Alfonso de Borbón y Banttenberg, fiyo del monarca Alfonso XIII. Debe faltar algúa porque faltan un par de páxinas, precisamente unde se narra a visita del príncipe ás Figueiras polo que nun podo cuntar muito del que dixeron as crónicas. Dicen el ABC y La Vanguardia nas súas novas da visita que foi recibido na Ribeira a úa da tarde polos señores de Trénor, el capitan xeneral interino y el xeneral de Feijoo, comendo nel Palacio y pasando despós a Castropol y Ribadeo, y volvendo á tardía pra tomar un refresco nel Palacio y seguir viaxe camín de Luarca xa de noite.


     Nas fotos que siguen podemos ver varios detalles narrados nas crónicas: as casas engalanadas (nun vemos as casas pro si el edificio da rula), a motora cua que se salióu pola Ría, os somatenes, etc. Espero d’aquí a pouco poder completar esta entrada da visita real con algúa foto máis se é qu’esiste.

3.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
4.-Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
5.-Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
6.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
7.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
8.- Anónimo, Región, 10 d'outubre de 1925

    A foto que precede estas renguileiras nun la temos que confundir cua postal aparecida da colección Ría del Eo. A postal é del ano 1905 se nun m’engaño y a foto da Lagúa é veinte anos máis tarde, pro case nun se notan cambeos. Se reparamos ben, podemos ver el empezo del Río de Santiago. Tanto esta como a que vén despós nun tán relacionadas con artículo ningún del periódico, senón que s’engloban en reportaxes fotográficos que faían baxo el título Aspectos Asturianos. A foto da caye Covadonga que sigue xa la conocíamos pola súa publicación en El Progreso de Asturias da Habana, polo que entendemos qu’el sou autor é Celestino Álvarez González.



9.- Anónimo, Región, 10 d'outubre de 1925

10.-Modesto, Región, 25 de febreiro de 1926
     Esta outra foto tampouco nun ten artículo ou nova algúa aparte del pé de foto. Trátase d’un posao que fixeron os actores del sainete El Trato, qu’escribira Francisco Fernández-Arias Campoamor y que fora estrenao nas Figueiras nel ano 1926. A edición d’esta obra que fixo Xosé Miguel Suárez Fernández foi publicada nel ano 2005 pola Asociación Cultural Rapalacóis. Nesa edición incluyése úa foto da representación y outra del cartel, pro esta foto era desconocida hasta el momento. Un día hei faer úa entrada máis estensa sobre esta obría escrita en galego-asturiano y que debe ter merecido reconocemento pola nosa parte.

    Das fotos que vein agora pouco podemos decir. Son interesantes algúas dende el punto de vista topónimico prá polémica del nome da Ría: como se pode ver, salen dúas col nome de Ría del Eo y outra col nome de Ría de Ribadeo. Como era habitual nel época, usaban ás veces el topónimo galego pra temas relacionados cua navegación (un naufraxo neste caso), pro el nome d’uso xeneralizao na prensa nun era outro qu’el de Ría del Eo.

     Sobre a nova del naufraxo (que si ten crónica nel diario) indica que se trata d’El Fornel, un barco construido en Inglaterra en 1892, de 25,87 metros, 106 toneladas de desprazamento y 7 tripulantes (que se salvaron). Embarrancóu pola "densa niebla" condo iba dende Foz hasta Xixón cargado de madera.


     En fin, un pouco máis d’historia gráfica que fai ter un pouco de señardá por úa época na qu’As Figueiras rezumaba actividá polos cuatro costaos.

11.- Gómez, Región, 26 d'abril de 1926

12.- Lancio, Región, 25 de mayo de 1927

13.- Anónimo, Región, 3 de febreiro de 1931

14.- Anónimo, Región, 4 de febreiro de 1931

15.- Anónimo, Región, 2 d'agosto de 1932




4 comentarios:

  1. Como complemento a este reportaxe qu'agora rescatas sobre a visita del rei ás Figueiras ta ben ver a filmación que se fexo d'aquel día y que se pode ver, como descubren nel blog de Castripol (http://castropol.blogia.com/) en TVE a la carta (http://www.rtve.es/alacarta/videos/archivo-real-alfonso-xiii/principe-asturias-oviedo/2833195/). Aparte de confirmar qu'os ricos sempre viviron ben, el que máis me prestóu da grabación foi os segundos en qu'aparecen Os Quirotelvos.

    ResponderEliminar