martes, 15 de octubre de 2019

El remo nas Figueiras: El Peña del Mar (I)

Rema Moncho, rema Cali,
Manolín y tamén Fran.
Y Tono sentao na popa,
y Tono sentao na popa,
y cinco medallas más.
Ya compramos este bombo,
ya compramos este bombo,
para ir regatear,
y animar a los muchachos,
y animar a los muchachos,
de nuestra Peña del Mar
 

Manolín, Tono, Moncho, Fran y Cali, el primeiro pola esquerda é Adolfo, a foto é de 1977 nel Campionato d'España en Santander.
     Anque a historia del remo nas Figueiras, remo en bateles y barquillas pra ser máis esactos, lévanos a úas décadas máis atrás, é el 1 d'abril de 1974 condo se crea nas Figueiras el Club de Remo Peña del Mar. Figuraban como socios nel acta fundacional Adolfo Rodríguez López, Pedro Fernández Fernández, José Ramón Martínez Soto, Adelino Gutiérrez López, Leonardo Castro Fernández, Francisco Martínez Millán y José Villar Díaz.
       El patrimonio del club era orixinariamente un batel, un batel a medio uso y doce remos novos. El Club ha chegar en pouco tempo a ter 122 socios entre os vecíos, proyectando levantar un edificio pr'albergar as embarcacióis na praya entre el Muelle y el Pósito (solicitan permiso en mayo de 1975). El local social había ser nel edificio del Reló, nun local cedido pol Conceyo.  

Regata en Celeiro nel ano 1974.
      Os anos previos á creación del club, os bateles pixotos participaban nas competicióis como Cofradía de pescadores de Figueras, pero é coa creación del Peña del Mar condo florecen os loureiros del remo das Figueiras.

     Xa al outro ano da súa creación, 1975, participan como representantes asturianos nel Campionato d'España que s'ha celebrar en Lluanco despóis de ganar el Campionato d'Asturias.

      En 1976 repiten trunfo: el Peña del Mar gana el Campionato d'Asturias en categorías senior y xuvenil, y as dúas tripulacióis participan nos Campionatos d'España que s'habían amañar en Las Arenas (Getxo, Vizcaya). A tripulación máis nova había quedar sesta, mentras qu'a de mayores había quedar segunda na regata de consolación. Nesta ocasión a tripulación taba formada por Moncho, Cali, Fran y Manolo como remeiros, sendo el patrón José Álvarez Carreras, El Gallego. El remeiro suplente había ser Joaquín Fernández Iriarte, Caco.
Noticia de La Nueva España sobre a participación del Peña del Mar nos Campionatos d'España del ano 1976.
     En 1977, el Peña del Mar gana todas as regatas de bateles del Campionato d'Asturias, finalizando invicto a liga. Sin embargo, nun primeiro momento a Federación Asturiana nun los noma representantes asturianos nel Campionato d'España por nun presentar tripulación xuvenil na competición, proclamando representante asturiano al Club de Mar de Castripol por este motivo. Al cabo, amáñase a situacion a favor del Peña del Mar, competindo a tripulación senior pixota y a tripulación castripoleña nel xuvenil. A regata faise en Santander el 4 y 5 de xunio, quedando el terceiro da súa tanda y nel segundo posto na regata de consolación. Nesta ocasión si participa Tono como patrón.

      Nel ano 1978 el club compite nas regatas del Campionato d'Asturias de bateles, tanto en senior como en xuvenil, pro habitualmente é el terceiro en liza, sendo superado por Lluanco y Navia na mayoría das regatas. A partir d'ei acaba el época máis dourada del remo figueirolo, anque el Club ha existir algún ano máis regatiando en banco móvil (esas fotos hei poñelas núa segunda entrada)


Bateles das Figueiras y Castripol núa procesión del Carme.


 Palmarés (por as noticias tein qu'haber ganao máis regatas):
- Trofeo "Lanoiro", Celeiro 1974
- Trofeo "Reclutas del 56", As Figueiras 1974
- Trofeo "Cofradía de Pescadores de Figueras", As Figueiras 1975
- Trofeo "Banco Bilbao", Castripol 1976
- Trofeo "Ensidesa", Tresona 1977
- Trofeo "Pedro Álvarez", L'Arena
- Trofeo "I Memorial Manuel Menéndez Artime", Luanco
- Trofeo "Bar Siroco", As Figueiras
- Trofeo "El Trueno", As Figueiras

Participacióis nel Campionato d'España absoluto:
- Luanco 1975
- Las Arenas (Getxo) 1976
- Santander 1977
30 de mayo de 1974. De pé: Caco, Marino, Fran y Suso. Agachaos: José y Tono.

En 1977 Francisco Martínez Soto é proposto pola Federación Asturiana de Remo como Miyor Deportista Asturiano.

Campióis d'Asturias xuveniles 1974-1975


Tresona, 1977



Campióis d'Asturias 1977.

Desembarcando na rampla del muelle.

Regata nas Figueiras.


Ano 1976


20 d'abril de 1978
1976 Licencia federativa d'Eduardo Marqués Castro.

1976 Licencia federativa de Fermín Fernández Iriarte.




1977 Licencia federativa de José María Marqués Castro.

1977 Licencia federativa de José Ramón Martínez Soto.

1978 Licencia federativa de José Álvarez Carrera

1978 Licencia federativa de Joaquín Fernández Iriarte


viernes, 26 de julio de 2019

Ría del Eo: datos novos pra úa polémica.


Nota: A pasada semana veía a luz el libro das festas da Veiga, unde publicaba este artículo sobre a polémica del nome da Ría. Poñolo nel blog pra quen teña interesado, pos ameceye algún dato novo a mesma.

El 12 de marzo del 2008, a Comisión Especializada de Nomes Xeográficos (CENX), del Conseyo Superior Xeográfico, acordóu qu’el nome da ría qu’el Río Eo amaña na súa desembocadura era namáis el de Ría de Ribadeo. A partir d’ese momento, muitos particulares y institucióis galegas promulgan d’un xeito insistente a quen lo quira escuitar qu’el topónimo oficial da nosa ría é ese, chegando incluso el Conceyo de Ribadeo a mandarye el informe al Defensor del Poblo.

    Esqueicen os insistentes qu’esa comisión nun é quen ten a potestá pra resolver as dudas toponímicas qu’afectan a máis d’úa comunidá autónoma, senón qu’é un organismo consultivo pra estudio y proposta, sin competencia algúa pra faer oficial un topónimo, cuestión que recái na Dirección Xeneral del Instituto Xeográfico Nacional (IXN), que nun adoptóu esa medida.

    Y é qu’a decisión da CENX nun foi únanime: el presidente y a secretaria pediron incorporar el nome de Ría del Eo, anque fose con carácter secundario, como variante, ou como nome non normalizao. Finalmente, a mayoría optóu pol nome de Ría de Ribadeo, en base sobre todo á dificultá qu’iba supoñer prá seguridá marítima el feito de qu’un mesmo accidente hidrográfico tuvera dous nomes distintos, y tamen apoyándose nel informe presentao pola Real Sociedá Xeográfica, tendencioso en conto al análisis del uso del topónimo Ría del Eo, hasta el punto qu’indica que s’empeza a usar a finales del siglo XX en dalgún mapa turístico del Principao d’Asturias y qu’atribuye el uso d’ese topónimo a un “deseo de protagonismo y rivalidad turística”.

    El entoncias director xeneral del IXN, Alberto Sereno Álvarez, elaboróu un informe de 28 de marzo del 2008 unde intentóu pechar este capítulo mentres nun se fixera úa proposta común de todas as partes implicadas y considerando, hasta que nun finalizara el Normenclátor Xeográfico Nacional ou acordase outra cousa el autoridá competente, como oficial Ría de Ribadeo basándose sobre todo na súa presencia na cartografía oficial y nel Nomenclátor Xeográfico Conciso d’España.

    Neste informe, interno y sin carácter de resolución, nun é que se tuvera propoñendo como novedá a oficialidá del nome ribadense, senón que ye daban continuación a un estatus qu’él consideraba oficial en base a esa cartografía estatal. Nel informe del director si se reconoce a presencia ocasional de Ría del Eo en mapas oficiales, caso del Mapa Topográfico Nacional del ano 2000, y tamen nel propio Nomenclátor (como variante), omitindo, eso si, tanto a dilatada existencia del topónimo asturiano na lexislación autonómica, nacional y internacional como cuáles foron os criterios pra incorporar el nome ribadense y non el asturiano nese Nomenclátor.

    Por muito qu’el director del IXN quixera dar por zarrao el asunto, a polémica seguía viva ya Comisión volvéu tratar el asunto el 4 de novembre del 2008 y el 26 del mesmo mes, pedindo que “a la vista de la nueva documentación recibida se realice un nuevo examen técnico del toponimo” (es información era el Informe sobre a Ría del Eo que remitiu el Asociación Cultural Rapalacóis das Figueiras a todos os intervinientes na pólemica).

    Finalmente, a CENX emite outro informe, fechao el 10 de decembre del 2008, unde cada membro da mesma y del Grupo de Trabayo del Conseyo Superior Xeográfico aporta dictame personal, a nivel técnico. Presentáronse un total de 16, con este resultao:
Anuncio del inauguración del Puente dos Santos
 na Voz de Galicia de 29 de xuyin de 1987

-     Dez dos membros optan por Ría de Ribadeo como nome principal y Ría del Eo como segundo nome.

-      Ún é partidario d’integrar os dous nomes en Ría de Ribadeo o del Eo.

-     Ún é partidario de Ría del Eo como único nome normalizao y reconocido.

-    Cuatro son partidarios de Ría de Ribadeo como único nome normalizao y reconocido.

       Nun conocemos el recorrido que tomóu este informe que, a diferencia del qu’inicialmente reconocía como topónimo esclusivo Ría de Ribadeo, nun tuvo relevancia pública nin institucional, pro entendemos qu’el sou peso é aparecido al primeiro, porque el organismo que lo emite é el mesmo.

        Lo que si temos claro, pos nel sou día así lo comunicóu  el IXN a pregunta del que suscribe, é qu’hasta el momento nun s’oficializóu nin ún nin outro topónimo ou se deu validez a os dous, tal y como informóu d’un xeito mayoritario a CENX despós de profundizar nel estudio del asunto.

Esta situación demostra lo particular del caso da Ría del Eo/Ría de Ribadeo, xa que, se consideramos a cartografía como única fonte válida pra tomar úa decisión, tase deixando de lao lamar de datos de todo tipo que contradicen esa cartografía oficial. Ademáis d’esos datos hai que considerar dous factores pral análisis da cuestión, pos a súa influencia é determinante:


    É úa polémica nova: hasta ben entraos os anos noventa del siglo pasao, nun é raro topar con responsables d’institucióis publicas galegas usando a denominación asturiana sin muito problema (incluso a propia Xunta la usa na súa lexislación) ou mesmamente, y d’un xeito habitual, na prensa ribadense. É a partir del época del primeiro goberno del BNG en Ribadeo (nos anos oitenta del siglo pasao), condo medra a demanda del uso esclusivo da denominación ribadense por parte das institucióis d’ese conceyo, convertíndose tamen núa reivindicación del Bloque nel parlamento galego a partir d’esos anos.

    É úa polémica desigual: porque a pouco qu’analicemos a realidá dámonos conta del peso político irrelevante da comunidá autónoma asturiana nas institucióis nacionales en comparación coa galega y del de Ribadeo en comparanza col de cualquera localidá da veira asturiana.

   É innegable que Galicia tuvo un peso mui superior a Asturias nas sucesivas configuracióis dos gobernos nacionales nel época da democracia moderna, incluíndo varios ministros de Fomento, pro tamen secretarios y subsecretarios d’Estao, etc., dalgún d’elos vinculao directa ou indirectamente á vila ribadense y que tomaron parte activa na polémica topónimica. Eso é algo que convén recordar antias d’analizar este tema.

    Sin ir máis lonxe, y como exemplo: os que recordan a emisión por Correos del sello chamao “Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo”, nel ano 2013, deberían saber que el secretario d’Estao de Telecomunicacióis era nese momento Víctor Calvo-Sotelo, íntimamente vinculao á vila ribadense, y que ademáis fora nel sou momento presidente de Correos y Telégrafos (sociedá que foi tamen xestionada por un galego ilustre: Alberto Núñez Feijóo), sendo ministra de Fomento Ana Pastor. Neste caso a presencia del lobby galego prá Ría de Ribadeo é demasiao evidente, anque hai outros casos que seguramente nos pasen máis desapercibidos y que tán directamente vinculaos á información que mostramos anteriormente.

    El autor del pequeno informe que presentóu nel sou día a Real Sociedá Xeográfica á CENX é Rodolfo Núñez de las Cuevas, eminente xeógrafo de reices galegas (sous padres eran d’Ourense y a súa infancia pasóula na Coruña) y con úa relación tan profunda con Galicia que nel 2009 dona a súa biblioteca particular á súa Biblioteca Nacional. Galego de Tui era tamen el director del IXN nesos momentos, Alberto Sereno Álvarez.

    Nun se trata d’acusar a naide gratuitamente, pro profundizando nos distintos casos encontraríamos ben cargos públicos vinculaos a Galicia en organismos clave del Administración Estatal, lo qu’imprime un sesgo a favor del uso da denominación galega nas últimas décadas.

    Desque analizamos estos factores tan importantes, vamos ver cuáles son os argumentos máis relevantes a favor da denominación Ría de Ribadeo. Os defensores d’ese topónimo vein dicindo tradicionalmente qu’as rías levan el nome da población máis importante; qu’el uso d’este toponimo é muito máis mayoritario nos mapas y, por increíble que poda parecer, qu’as asturianas son posturas localistas. Esta última nun la vamos nin analizar, pos é evidente que nun pode ser mui localista a postura de darye úa denominación qu’usa el nome del río en comparación con outra qu’usa el nome d’úa das cuatro poblacióis (se el asturiana é úa postura localista nun sabemos el que pode ser a postura galega). En conto a os outros dous argumentos:

A población máis importante   

    Ribadeo foi sin duda, y inda é, a población máis importante da ría pol sou peso económico, demográfico y político. Dito esto, temos que recordar que Castripol tuvo a lo largo de varios siglos un peso administrativo superior al da vila galega, sendo cabeceira d’úa comarca ben grande, algo de lo que sempre adolecéu Ribadeo. Este mayor peso administrativo fai qu’en muitos mapas figuren ambas poblacióis coa mesma tipografía (superior a outras localidades achegadas) ou incluso que se denomine a Punta da Cruz como Cabo de Castropol en varios mapas históricos, todo eso a pesar de ter a vila asturiana úa importancia económica y demográfica mui inferior. 

Detalle de Partie Septentrionale de la Couronne de Castille
Robert de Vaugondy, Didier, 1752, Paris
    Estas vacilacióis sobre a población máis importante refórzanse sustancialmente al comprobar qu’hasta hai ben pouco el titular administrativo da ría era el Conceyo de Castripol: xa indicaba el ribadense Francisco Lanza, que naide acusaría de defensor das tesis asturianas, qu’os notarios castripoleños firmaban escrituras na praya da localidá galega, qu’era hasta unde chegaba a súa xurisdicción.

    Por outro lao, ¿todas as rías levan el nome da población máis importante? Nun fai falta salir del territorio galego pra descubrir ún terrible feito diferencial: a conocida Ría de Muros e Noia y a menos conocida Ría de Corme e Laxe, as dúas en Galicia, levan el nome oficial de dúas poblacióis, contradicindo abertamente esa norma.  ¿En qué quedamos? ¿Levan as rías galegas el nome da población máis importante ou non? Parece ser que si: menos dalgúa que parece ser que non.


A cartografía y as descripcióis xeográficas

    Ta por outro lao el asunto dos mapas. É verdá que na cartografía histórica predomina el hidrónimo ribadense, algo que s’acentúa na contemporánea dende qu’esta se normaliza, pro basarse namáis na cartografía pra dar nome a un sito ou lugar é demasiado simple. Por varios motivos. Primeiro, porque os mapas cópianse, nin máis nin menos, y nesas copias repítense os nomes, os errores tipográficos, as localizaciós erróneas d’accidentes xeográficos ou poblacióis, etc. Despóis, porque a cartografía de naturaleza náutica, qu’é unde históricamente figuróu Ría de Ribadeo (y unde figura agora na totalidá da mesma) ten pura y chamente úa finalidá práctica: enseñar el camín a un porto. A importancia del porto galego nun ten comparanza coa dos portos da veira asturiana da ría y nesa finalidá pouco importa lo que diga a xente.

    Pro é qu’ademáis temos que considerar tamen qu’el uso del hidrónimo ría pra referirse a os esteiros dos ríos é abondo novo na historia, y nun se xeneraliza hasta ben entrao el siglo  XVIII. A denominación como Río Eo del esteiro na cartografía é dilatada nel tempo. Pra complicalo máis, hai outras denominacióis, como Río de Miranda, que tamen figuran nesa cartografía.

The Entrance of Maranda River, detalle de A New and Accurate Chart 
of the Coast of Spain and Portugal, David Steel, Londres, 1795
    Tamen nas descripcióis xeográficas se dan estas variacióis. Nas descripcióis anteriores al siglo XIX utilizan d’un xeito habitual a denominación Río Eo (Ambrosio Morales en 1572, Luis Alfonso de Carvallo en 1613, Joséph Manuel Trelles en 1736, Enrique Florez en 1764, etc.) y é escepcional el uso de Ría de Ribadeo.


    É a principios del s. XIX condo empeza a estenderse el uso del término ría, con abonda presencia del Ría de Ribadeo ou Rivadeo pro tamen con Ría del Eo, persistindo ademáis Río Eo. Incluso podemos toparnos textos con dúas parexas de nomes: Ría de Rivadeo y Río Eo por un lao y Ría de Rivadeo y Ría del Eo por outro.


    Así, por exemplo, en 1794, Carlos Fernández de Posada publica as Memorias históricas del Principado de Asturias y Obispado de Oviedo, unde escribe: “Castropol, cabeza de este concejo y de otros, puerto de mar en la ria de Eo, habitado de 100 vecinos, y poco distante de Las figueras”; pro tamen cita dúas veces Ría de Ribadeo. Del mesmo xeito, en 1869 Nicolás Valdés, na súa Memoria descriptivo-militar de la provincia de Asturias y anteproyecto de la defensa de su costa, usa tamen os dous nomes: Ría de Ribadeo en varias ocasióis (entre elas pa titular un plano ben guapo da ría), pro tamen escribindo esto: “En cuanto a Barres y Figueras son dos poblaciones pequeñas dependientes del ayuntamiento de Castropol, situadas como este a la derecha de la ría del Eo”.


    Sin profundizar muito neste tema (qu’había ser máis estenso), quero amostrar el caso del Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, de Pascual Madoz, de 1845, qu’éun texto mui citao polos defensores del nome de Ría de Ribadeo. É verdá qu’el Diccionario usa ese nome, pro tamen é verdá qu’usa Ría del Eo sin ocultarse muito, porque lo fai na entrada correspondente á vila de Ribadeo:  “RIOS Y ARROYOS. Sit. la v., como se ha indicado, en el vértice del ángulo que forma la costa con el puerto y ría del Eo, solo corre por el centro el arroyo de que hicimos mención, el cual baja a la ría”. Sin duda é raro qu’a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, que cita el Madoz nel informe en defensa de Ría de Ribadeo remitido á CENX, esqueicera que tamen figura Ría del Eo na mesma obra, sobre todo condo aseveran sin ningún tipo de vergonza: “la documentación histórica y la cartografía consultadas avalan, sin ningún género de duda, el topónimo Ría de Ribadeo como el único para la denominación del accidente geográfico”.

A lexislación

                
    Pese a que nin a Comisión Especializada de Nomes Xeográficos nin el propio Instituto Xeográfico Nacional tomaron ningúa conta da lexislación, el uso de Ría del Eo é abondo estenso nela.

    A propia Xunta de Galicia usa ese nome (Ría do Eo neste caso) en dous decretos  del ano 1995 (157/1995 de 3 de xunio de 1995) y del ano 2004 (72/2004 de 2 d’abril de 2004). Na lexislación nacional el uso de Ría del Eo é abundante: el primeiro dato na Gaceta de Madrid remontase a 1871, y figura outras nove veces hasta el ano 1932 en diversas concesióis, resolucióis d’espedientes, Reales Ordenes, etc… A partir d’empezar a publicarse el BOE volve usarse Ría del Eo decenas de veces, algúa tan interesante como nel Decreto pra constituir úa Mancomunidá de Conceyos pral fomento del turismo y miyora da Ría del Eo en 1965, con acordo de Castripol, A Veiga y Ribadeo.

    Pro é qu’ademáis tamen figura Ría del Eo na lexislación internacional: ei temos a Decisión da Comisión del 7 de decembre de 2004 coa lista dos lugares d’importancia comunitaria da rexón bioxeográfica atlántica y tamén con ese nome figura nas zonas húmedas d’importancia internacional del Convenio Ramsar.

    Este nun significa que Ría de Ribadeo nun figure na lexislación, pro evidentemente  é imposible negar a existencia de Ría del Eo como topónimo “oficial” máis aló da presencia ou non na cartografía oficial.

    Pra rematar este apartao quixera destacar el caso del expediente de deslinde entre os conceyos de Castripol y Ribadeo, que finalmente fixa os límites entre ambos el 6 d’agosto de 1960: “MOJÓN 1: Se reconoció como tal el punto de intersección del eje de las aguas corrientes del río y ría de Eo, con el plano vertical que pasa por el eje longitudinal del Puente de Porto, situado en la carretera de Santander a La Coruña, sobre a citada ría de Eo… …A partir de este mojón, y de acuerdo con lo que dispone la Orden Ministerial a la que este acta da cumplimiento, la línea límite que se establece y reconoce entre los términos municipales de Castropol y Ribadeo, es el eje de las aguas de la ría de Eo, y continua en dirección N. por dicho eje de las aguas hasta adentrarse en el mar Cantábrico.” Firman el acta os alcaldes de Castripol, Ribadeo y A Veiga, ademáis dos secretarios dos tres conceyos, varios conceyales de cada ún y representantes das Diputacióis de Lugo y Oviedo. De novo podemos ver nos espedientes como s’usa el nome de Ría de Ribadeo nos planos qu’acompañan pro Ría del Eo (ría de Eo realmente) nos textos.

A prensa histórica
               
    Por último, préstariame falar dun aspecto pouco tratao en todos os informes de organismos oficiales, a denominación que se ye da a Ría na prensa histórica. Este aporta us datos importantes dun xeito cualitativo xa que procede dos naturales da zona:  ún mapa ou descripción xeográfica faila habitualmente xente de fora cúa finalidá administrativa, militar ou comercial (y xa falamos antías da persistencia d’errores, etc), sin embargo a prensa ha reproducir, en muitas ocasióis dun xeito directo, el nome que ye dan os particulares da zona. 
Detalle da portada da Voz de Galicia de 20 de xunio de 1928
    Un análisis das publicacióis máis importantes da prensa comarcal asturiana de principios del siglo XX, el “Castropol” y “El Aldeano”,  traducese en que nos dous casos el uso de Ría del Eo é lo máis natural y estendido, pro é qu’úa busqueda nos númaros publicaos nel semanario ribadense “Las Riberas del Eo” na primeira mitá del siglo XX da os mesmos resultaos, sendo usao ese topónimo incluso nalgúa editorial del periódico ou nas noticias dalgún corresponsal, tamen hay algúa entrevista a vecios da vila galega na qu’usan el topónimo Ría del Eo.


    Fora desta prensa comarcal, tanto a nivel rexonal como nacional, el uso del topónimo Ría del Eo é bastante dilatado nel tempo (podemos toparlo nel Imparcial de Madrid en 1874 – Ría de Eo neste caso-, nel Regional de Lugo en 1911, na Verdad de Madrí en 1911, nel Noroeste de Xixón a partir de 1906, en la Voz de Madrí a partir de 1923, nel Sol de Madrí en 1925, etc).

    Outro caso ben particular é a Voz de Galicia, qu’usóu en muitas ocasióis el topónimo Ría del Eo según podemos comprobar na súa hemeroteca histórica (figura en 1909 y en 1911 y a partir d’ei dun modo máis estendido nel tempo).

    A vista de todos estos datos, negar, como se fixo y inda fain, a existencia histórica del topónimo Ría del Eo é úa mentira evidente, del mesmo modo, resolver administrativamente a cuestión sin considerar estos datos había ser úa práctica deshonesta.

    Asegurar, como muitos aseguran, que el nome de Ría del Eo é un invento novo é un insulto a intelixencia, y  nun debemos cesar nel empeño de defender lo noso: acompañanos el uso da razón.

miércoles, 16 de enero de 2019

El Hospital de Santiago y San Bartolomé das Figueiras: úa pequena averiguación.



Del hospital existente antiguamente nas Figueiras sabemos ben pouco. A inscripción qu’hai na portada da igresia parroquial indica a vinculación del hospital col gremio de mariantes das Figueiras: EN EL AÑO DEL SEÑOR DE 1787 SE IZO ESTA IGLESIA DEL OSPITAL A COSTA DEL GREMIO DE MAR DESTE PUERTO DE FIGERAS CON ORDEN SUPERIOR. A existencia del hospital é mui anterior á fecha indicada na inscripción: anque desconocemos cóndo foi a súa fundación, os datos lévannos como mínimo un par de centos d’anos máis atrás. Tampouco nun podemos afirmar de xeito exacto qu’el sito da igresia fose sempre el del hospital, nin tampouco qu’a súa fundación tuvese un orixe gremial, anque é ben clara clara a vinculación posterior al gremio, qu’era incluso el amo del edificio y a praza qu’hai al pé.

Inscripción da portada da igresia parroquial das Figueiras (Foto: Fernando García Rodriguez)
Como noutros asuntos da nosa historia, é Teijeiro (1894) el primeiro que nos fala d’esta institución na súa sempre necesaria obra Algo para la historia de Figueras de Asturias, apuntes ampliados máis tarde por José Luis Pérez de Castro (1951) nel sou artículo «Los peregrinos a Compostela en su paso por Figueras», pro deixando nos dous casos abondos vacíos referentes a historia d’este establecemento.

Realmente é Ramona Pérez de Castro (2012: 396-408), na súa documentada investigación Fundaciones particulares benéfico-asistenciales y docentes en Asturias (Siglos XV-XIX), a que profundiza nel tema, enchendo as muitas carencias qu’hai na historia d’esta institución. Na súa tesis doctoral podemos toparnos con abondos datos sobre el sou obxeto, patrimonio y administración, citando a súa existencia xa en 1592, ano en qu’é otorgada «Licencia para ciertas indulgencias concedidas a los cofrades de la Cofradía de Santo Bartolomé de la villa de Figueras. Diócesis de Oviedo». Nun vamos recoyer aquí os múltiples datos da mesma, pro recomendamos a súa lectura al detalle a todos os interesaos en profundizar neste tema.

Así y todo, el investigador Anastasio Rojo Vega trascribe un codicilo dao en Valladolid que nos permite remontar a existencia del hospital einda outros 39 anos máis atrás, hasta el 10 d’abril de 1553. Nel codicilo, Arias Pardo de Londebún, «señor de Las Figueras», dota al Hospital d’úas contas propiedades:

yten dixo que mandava y mando que den dos sabanas al espital de las figueras para los proves y mando que los quartillos de vino que alli se le deven del aforamiento de las pipas en el dicho su lugar de las figueras mando que se den al dicho ospital perpetuamente para siempre jamas para consolaçion y refrigerio de los proves que en el estuvieren.

            A vinculación dos Pardo col hospital é larga, otorgándoye a súa protección y exercendo como patronos d’él. Así y todo, convén aclarar que de momento nun se pode atribuíryes a súa fundación, máis se reparamos en qu’a supervisión y control das contas levábanlas os visitadores eclesiásticos (Pérez de Castro, 2012,397).

            El hospital era de probes y pelegríos, y a súa relación col Camín de Santiago é evidente, algo que convén recordar, porque nas guías modernas son escasas as referencias ás Figueiras como lugar de paso da Ría del Eo. Quén me dera qu’esta pequena contribución axude a darye a importancia que neste punto merece.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

GARCÍA Y TEIJEIRO, Miguel (1894): Algo para la historia de Figueras de Asturias, Rivadeo, Imp. de J.M. Páez e hijos de Cascante.
PÉREZ DE CASTRO, José Luis (1951): «Los peregrinos a Compostela en su paso por Figueras», Boletín del Instituto de Estudios Asturianos, 14: 385-389.
PÉREZ DE CASTRO, Ramona, Fundaciones particulares benéfico-asistenciales y docentes en Asturias (Siglos XV-XIX), Universidad de Oviedo, 2012, , pp.396-408, http://hdl.handle.net/10651/13044
ROJO VEGA, Anastasio, 1553.Codicilo de Arias Pardo de Donlebún, Señor de Las Figueras (Transcripción),
https://investigadoresrb.patrimonionacional.es/uploads/2013/07/1553-ARIAS-PDL.pdf