martes, 21 de noviembre de 2017

Cen anos da Fundación Villamil

 

   
El doce de xuyín de 1917 (acaba de faer agora cen anos) foi publicada naGaceta de Madrid a Real Orde que declaraba de beneficencia particular docente a fundación de D. Florencio López Villamil.
 
Dice a Real Orde que por testamento de setembre de 1904 fundóu D.Florencio Villamil úa escola de primeira enseñanza qu'había ser de baldre pral alumnao, dotándola con un capital de 355.668 pesetas con 34 céntimos en valores públicos, úa finca rústica y un edificio. Ese mesmo testamento noma patronos a D. Fernando López Villamil, D. Francisco García Bustelo y D. Fermín Braña y Castro.
 
           A creación d'institucióis educativas con capital chegao da emigración americana son numerosas en Asturias y noutras rexóis del norte peninsular, ben con donacióis colectivas (coa intervención das Sociedades de Naturales ou outros tipos d'entidades asociativas en América -d’este tipo son as escolas de Bual ou Bres, en Taramunde-), ou ben a través de donacióis particulares como é el caso da das Figueiras.

Nun é sin embargo ese orixe del capital, senon el sou carácter laico, lo que fai destacable a Fundación Villamil entre outras institucióis educativas. 

Hasta aquela fecha, a existencia d’escolas laicas en Asturias era mui nova y probe, restrinxida a os centros máis industriales da rexón (máis en concreto Xixón y os vales mineiros) y nun proceso realmente innovador qu'inauguraba nel ano 1911 a Escuela Neutra de Xixón. Estas escolas "abren una vía de entrada a las nuevas corrientes pedagógicas que se van experimentando en diversos lugares del país" (Fernández Riera, Macrino, La Escuela Neutra Graduada de Gijón, p. 266, KRK Edicióis, Uviéu, 2005).
 
Este movemento de renovación pedagóxica taba abondo ligao en Asturias al reformismo político qu'encarnaba naquel momento Melquíades Álvarez. El Partido Reformista "planteaba la modernización del país desde una perspectiva regeneracionista y consideraba la educación y la cultura como elementos claves para romper la inercia histórica que dominaba en España" (Mato Díaz, Ángel, Los Patronos de la Escuela (Historia de la Escuela Primaria en la Asturias Contemporánea), KRK Ediciones, Uviéu, 1996).
 
          Nel occidente d'Asturias xurde un corrente politico-cultural rexeneracionista que deu pé a iniciativas como a Biblioteca Popular Circulante de Castripol nel ano 1921 Búa parte del patronato da BPC tía vinculación política col Partido Independiente de Vicente Loriente Acevedo, padre del ideólogo da creación da Biblioteca: Vicente Loriente Cancio.
 
El Partido Independiente, que s’ha integrar nel Partido Reformista nel ano 1913, buscaba rexenerar politicamente Castripol y el sou partido xudicial (Suárez Fernández, xosé Miguel, El "Teatro Aldeano" da Biblioteca Popular Circulante de Castripol (1929-1934), páxs.15-22, Ámbitu, Uviéu, 2009). Hai que dicir qu’os mesmos sectores sociales y políticos que primeiro chufaran y deran esfouto á BPCC acabaron véndola como un elemento peligroso de desestabilización social (Suárez Fernández, op. cit.).
 
Anque nun existía úa vinculación directa entre a Fundación y el partido reformista máis aló del ideario a defender, ún dos principales validores del ideario reformista nas Figueiras era precisamente el principal encargao de levar a bon porto el testamento de Florencio López Villamil: el médico municipal Fermín Braña Castro.
 
Fruto das súas actividades póliticas, Fermin Braña había ser desterrao das Figueiras nel época da Dictadura de Primo de Rivera. El desterro foi levantao pol Gobernador Civil en xeneiro de 1925 (La Voz de Asturias, 2 de xeneiro de 1925) y el lugar unde residíu foi Villarramiel (Palencia) (El Aldeano, 30 de setiembre de 1930).
 
Temos que darnos conta de que dende a creación da Fundación inda han faltar us cuantos anos hasta a proclamación da Segunda República, qu'é el momento nel qu'estas ideas de renovación han "institucionalizarse" en parte, lo que nos deixa máis claro lo adelantada que taba nel tempo esta proposta pedagóxica.
 
Os Estatutos y el Regramento de Réxime Interior da Fundación indican como principal obxetivo el “Suministrar las enseñanzas concernientes para una refinada educación integral moderna, tanto intelectual como física, moral y estética, pero ajena a toda influencia religiosa o política”, establecendo normas estrictas pra impedir inteferencias relixiosas ou políticas: “La actuación del personal y la enseñanza de la fundación serán completamente ajenas a toda influencia política y a toda confesión religiosa”.
 
          Nun había ser hasta el 6 de decembre de 1919 condo s'inaugure a escola como tal y empece a funcionar.
 
            Na nova qu’el diario reformista El Noroeste de Xixón publica el 8 de decembre de 1919, el corresponsal pixoto fala da escola (baxo el título de “Escuela Laica de Figueras”) como “promesa de una verdadera cultura popular”, recalcando el periódico que d’ela habían salir “hombres preparados para la lucha social, libre de anacronismos pedagógicos, limpia la mente de esa broza de conocimientos inútiles que aún no han podido desecharse de las escuelas de España”.
 
            A nova da inauguración ha ter sito tamén nel decenario Castropol, unde se indican datos máis precisos del evento, que cuntóu con banda de música y cuetes qu'ergueron a xente ás sete da mañá, que fora Fermín Braña el encargao de dar el discurso, qu'había pastas y licores pra os convidaos y que pola noite había celebrarse úa verbena pra festexar el inauguración delantre del edificio que taba iluminao con abondas bombillas eléctricas, bailando hasta deshoras da noite. Esa mesma nova informa d'úa matrícula de 60 nenos.
 
               A vida da Fundación naquelos anos de cambeos nun debéu ser fácil. Tampouco nun conocemos ben a marcha del sou proyecto pedagóxico, basado nel laicismo, y hasta únde chegóu este. El anuncio buscando maestros y maestras na publicación El Magisterio Español que fai el sou patrono Fernando López Villamil deixa ben claro ese carácter laico, pro é del ano 1920 y a Fundación acababa de constituirse (el xornal era de 2.000 pesetas al ano cada ún, según ese mesmo anuncio).
 
 
          Fermin Braña ha seguir vinculao á Fundación Florencio L.Villamil polo menos hasta entrada a República. Como director ou xerente das Escolas figura na nova que El Aldeano publica el 28 de febreiro de 1931 con motivo da morte us días antes d’outro dos testamentarios de Villamil. El difunto era el vecín de Barres Domingo López Gonte, y el día del enterro (11 de febreiro) é Braña el qu'ordena suspender as clases y qu'el alumnao acuda al enterro.
 
Al outro ano as escolas tuveron problemas pr'abrir el curso pola prohibición de salidas de capitales que decretara el goberno arxentino, faltándoye recursos pra pagar os salarios dos maestros y os gastos máis elementales (Región, 9 de novembre de 1932). Este mesmo diario volve incidir en problemas referentes á cobertura das prazas de maestros en 1933, dando pé á publicación d'úa nova en Las Riberas del Eo respondendo á publicación del periódico carbayón. A nova defende el funcionamento das Escolas y a dirección que levaba a cabo el patrono Fermín Braña (Las Riberas del Eo, 7 de xeneiro de 1933). Al parecer, y según a nova das Riberas, a falta de profesorao pras escolas vén motivada pola falta de deretos pasivos dos maestros da Fundación, al contrario dos que trabayaban pral Estao (en definita: taban miyor pagaos os maestros das Escolas Nacionales). Este enfrentamento con un diario tan conservador como Región ten sin duda el trasfondo del carácter laico da Fundación.
 
           Nesa mesma nova das Riberas indica el nome del novo maestro da Fundación: Fernando Pérez Rodil, “tan jovial, de extraordinaria simpatía, y reconocidos méritos, próximo a obtener el título de licenciado en Derecho, es la buena estrella que alumbra la gloriosa Fundación Florencio Villamil, para que siga proporcionando luces a la infancia”. Fernando Pérez Rodil debéu seguir como maestro hasta el inicio da Guerra, sendo asesinao en L.luarca el 12 de decembre de 1937 coa edá de 32 anos tras un Conseyo de Guerra del bando sublevao qu'ordena fusilalo (información de Xosé Miguel Suárez Fernández).
 
Tamén outro dos maestros que tuvera anteriormente a Fundación, Pablo Martínez-Crespo, que naquel momento daba clases na Ría d’Abres, foi represaliao y máis tarde asesinao nel Chao (San Tiso) despós de sacalo da cárcel de Castripol un grupo de falanxistas. A muyer de Martínez Crespo, Felicitas Ezquerro, era titular da Escola de Barres y foi tamén represaliada, obrigandoye a deixar a escola, marchando pra Ribadeo, unde abríu úa academia qu'era conocida como a escola das Laicas.
 
Todo esto levanos a pensar en qu’el caracter laico y reformista da Fundación duróu nel tempo todo lo que ye deixaron, pos coa chegada al poder del réxime franquista é evidente a desaparición del mesmo.
 
Despós da victoria dos sublevaos, adáptanse os Estatutos al “espírito nacional” según a Circular de 5 de marzo de 1938 qu’obrigaba a formar a os “fiyos d’España” nel amor a Dios y á Patria, perdendo a Fundación dende entoncias el carácter laico que fora fundamental na súa creación.
 
 
Polo demáis,nun se fain muitos cambeos nel articulao dos Estatutos y Regramento, anque a súa aplicación había ser outro cantar.A nova redacción dos Estutos ta firmada por José R. Bedia en nome del Patronato.
 
            A Fundación había seguir d’algún xeito (anque solo fose nominalmente) porque en 1968 apróbase nel BOE del 20 d’agosto el regramento del sou Conseyo Escolar.
 
            A partir d’esa fecha nun topamos muitos rastros da Fundación, anque en algún momento se fixo úa cesión á Conseyeiría d’Educación del Principao dos locales das escolas pral sou uso educativo.
 
Eso xa é outra historia (sobre a que tamén é importante dar algo de luz, peró nun me corresponde a min faelo). Queda claro de todos os xeitos que con este proyecto As Figueiras tuvo a sorte de ser pioneira d’un modelo educativo adelantao al sou tempo y único na súa contornada. Agora que se van faer cen anos da súa posta en marcha é merecido darye este homenaxe pequeno.
 
 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario