miércoles, 21 de febrero de 2024

A polémica visita del obispo Martínez Vigil en 1903

    A Ramón Martínez Vigil conocémolo todos porque destaca muito ben na parte máis alta da igresia das Figueiras. Alí figura el nome d'este obispo, na placa que se puxo pra celebrar el ansiada independencia parroquial lograda nel ano 1894, que muitos esforzos y luitas levóu, y que foi condo el sou mandato, y por eso el sou nome había quedar ligao al da nosa vila y a todos nos sona. 

    Us anos máis tarde, en concreto el 26 de xunio de 1903, el obispo volve ás Figueiras nun viaxe pra recorrer en visita pastoral os arciprestazgos del occidente. Pro algun figueirolo debéu pensar qu'úa cousa é reconocerye que fora él quen firmara a orde da independencia parroquial y outra "comulgar con rodas de molín". Con esto queda armao el belén, anque fose brao.

    Nun teño mui claro cómo foron os feitos, pro si é verdá que polo menos fixeron que correran ríos de tinta, aparecedendo el noso poblín na prensa nacional entre acusacióis de bulos, falsedades, multas y detencióis. Foi tanto el xareo que s'amañóu que, de volta a Uviéu, al obispo salen a recibilo á entrada da ciudá alcalde, gobernador civil y rector da Universidá, entre outros muitos, pra reconfortalo de tanta afrenta divulgada.

    Nesa visita pastoral pol occidente, el obispo foi recibido nas poblacióis entre homenaxes y celebracióis. Por exemplo, na Veiga con arcos del trunfo nel camín y nenos levando máis de cen estándartes mentres qu'outros rapacios botaban al aire flores y palombas (El Carbayón, 30-6-1903).

    Celebracióis aparecidas tamén s'amañaron nas Figueiras unde, despóis de confimar "a multitud de niños de ambos sexos" (El Correo Español, 3-7-1903), sigue el viaxe "entre el estrépito de cohetes, vivas y algarazas" (Las Dominicales del Libre Pensamiento, 21-8-1903).

     A Ribeira, antias de 1907 (condo se fixo a carreteira). Fonte: Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico. Colección             Fermín Canella y Secades, Biblioteca d'Asturias.

    El caso é qu'el obispo tía que cruzar a Ría pra chegar a Castripol despóis das confirmacióis nas Figueiras, y é ese momento el qu'aprovetaron as forzas máis progresistas da nosa vila pr'agriarye a visita pastoral: salíuye al paso á lancha del prelao núa manifestación ruidosa un vapor que levaba na proa úa pancarta que poñía "Paso al librepensamiento" y na popa, "Atrás la Inquisición" (El Noroeste, 27-6-1903). Dende el vapor amañáronye úa cinzarrada con chifros, cornos y chocas, tamén al parecer cua sirena del barco y algún cohete. Algúas das noticias indican qu'el vapor iba acompañao de "lanchas y traineras".

    El caso saltóu axina á prensa estatal y a tinta correu abondo. Qu'el vapor, el ruido y as pancartas existiron queda claro, pro debéu haber abonda polémica sobre el tamaño da manifestación, xa que son varias as acusacióis d'inflar ou rebaxar datos que topamos entre os periódicos. Dende os 8 participantes que cita La Voz de Mondoñedo (4-7-1903) pasando polos de 10 a 12 homes que dice El Correo Español (3-7-1903), hasta as "diez mil personas" qu'este último periódico dice que chegóu a poñer a "prensa liberal". Nosoutros nun topamos outras referencias númericas, polo que poñemos en duda este dato (que, de ser verdá que se publicóu, había ser sin duda úa falsedá) y máis ben asumimos que se trata de parte da luita politica entre prensa liberal y conservadora.

    Tantas acusacióis s'amañaron qu'hasta se debéu negar a manifestación en si, xa que nel Noroeste aparece úa ratificación da súa existencia firmada pola "Tertulia Republicana de Figueras" (3-7-1903) ante acusacióis nel sentido contrario feitas nel periódico La Opinión de Asturias.

    Ademáis da polémica, a manifestación trouxo consecuencias pra os autores, a os qu'impuxeron úa fianza de 2.000 pesetas pra deixalos libres despóis de detelos por "atentado a la libertad de culto" (Los Dominicales del Libre Pensamiento, 21-8-1903); según El Correo Español (3-7-1903), os detidos foran dous.

    Nun puidemos topar máis novas sobre a manifestación y as consecuencias, pro por us días estos actos fixeron das Figueiras el centro d'úa polémica estatal.

Vista dende a Senra, antias a 1907 (condo se fixo a carreteira). Fonte: Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico. Colección Fermín Canella y Secades, Biblioteca d'Asturias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario