viernes, 20 de noviembre de 2026

A foto da rampla del muelle en 1925. Ruth Matilda Anderson.

    Andaba eu preocupao porque nun topaba na rede a foto del muelle das Figueiras que Ruth Matilda Anderson fixera nel 1925. El caso é que la tía guarda nel móvil y decidínme a poñela nel blog, porque nun teño duda de quén la fixo nin d'unde ta depositada. Así, polo menos, temosla localizada dún xeito fácil.

     El autora da foto fixo varios viaxes, en distintos anos, por encargo da Hispanic Society of America, con sede en Nueva York. Merece a pena profundizar nesos viaxes y nos materiales que recabóu nos mesmos.A fotógrafa era úa muyer adelantada al sou tempo, y el conxunto de fotografías y documentación que xuntóu son un testimonio excepcional pral estudio da etnografía de Galicia y Asturias. 

     Nel archivo dixital da institución neoyorkina nun aparece einda a referencia, porque van dixitalizando os fondos pouco a pouco y parece qu'einda nun chegaron a Asturias. Penso que pasa lo mesmo con úa foto da Ría dende Ribadeo, que colgo aquí por el mesmo motivo.

     As dúas fotografías deben tar sacadas del catalógo da exposición itinerante que se fixo por Asturias col título "Hallazgo de lo ignorado. Fotografías de Ruth Anderson para The Hispanic Society of America, 1925". 

     Haberá que tar al tanto condo terminen de dixitalizar el archivo por si aparece algúa sorpresa.

Desembarco nel muelle das Figueiras (Asturias), xeneiro de 1925. Fotografía de Ruth Matilda Anderson / Archivo de The Hispanic Society of America, Nueva York.

Ribadeo con As Figueiras al fondo. Fotografía de Ruth Matilda Anderson / Archivo de The Hispanic Society of America, Nueva York.




No hay comentarios:

Publicar un comentario