miércoles, 12 de septiembre de 2018

Un censo das Figueiras de 1912.


    Envióume xa hai us meses Víctor Manuel Díaz Díaz (Víctor de Primote) un censo electoral de 1912. Nél recoyense os electores da sección das Figueiras según a Lei Electoral de 1907 (homes mayores de veinticinco anos con al menos dous anos vivindo nel conceyo y que nun tuveran inhabilitaos pra selo por sentencia firme). Nas cuatro foyas que lo forman aparecen un total de 237 electores.

    Dende el meu punto de vista quizáis lo máis interesante ha ser el nome das cayes. Neste censo xa salen muitas cayes coa denominación actual (Comercio, Campoamor, Alameda, Cantábrico, Covadonga, Colón...), pro hai muitas con nomes anteriores, a mayor parte con nomes relixosos (Jesús, Obispo, Sta. Ana, S.Antonio, S. Roque, S. Isidro ou S. Feliz), pro tamén observamos outros nomes máis ou menos chamadeiros (Princesa, Teatro, Carmen, Concepción ou Donlebún) y a permanencia d'algún topónimo máis tradicional como Penalba, Cotarelo (por El Cotarelo) ou Laguna (por A Lagúa). Prá Ribeira usan dúas denominaciós: El Muelle y Playa. Quen teña ganas y tempo pode rebuscar na lista entre os sous antepasaos y seguro que leva algúa sorpresa.

    Outro dos detalles que poden ser interesantes é el da edá. Anque podemos toparnos con Marcelino Martínez del Arne, de 91 anos, son poucos os homes de máis de 70 anos, cousa que nun nos parecerá raro conocendo lo que cambióu nas últimas décadas a esperanza de vida nel noso país. Se tuvéramos a mesma lista feita cos nomes das muyeres, seguramente había subir a esperanza de vida da parroquia, y el número d'electores mayores de 25 anos había ser abondo máis qu'el dobre dos 237 qu'aquí vemos.

    Pr'acabar, é importante el dato que nos ofrece sobre alfabetización. Á pergunta de se saben ler y escribir responden non us corenta electores, un 17 % máis ou menos. Tendo en conta que faltan os menores de 25 anos, ese porcentaxe había ser sin duda menor, algo que taba mui por delantre da media española (qu'había rondar el 40 % entre os homes).

    É ben sabido qu'en Asturias había úa tasa d'alfabetización superior á media del país por varios factores (básicamente pola importancia del obrerismo na zona central asturiana), pro é qu'ademáis a preocupación pola educación é úa constante na historia da nosa pequena vila, qu'intentóu cubrir ese campo con proyectos públicos ou privados (ben de carácter lucrativo ou de baldre). Atrevóme a dicir (y é un simple parecer polo que teño lido da nosa vila, pro carezo de datos precisos) que, dentro del occidente d'Asturias y a marina luguesa, a tasa d'alfabetización pixota había ser naquela época mui superior á media da zona.

    El outro dato que nos dá el censo é a profesión de cada ún dos electores, que nos val pra faernos úa idea del actividá económica das Figueiras. Haiche muito mariñeiro, pilotos y marinos, pro tamén abondos xornaleiros y labradores, carpinteiros, industriales, médicos y abogaos. Pra rematar, un barqueiro, profesión que sempre debéu existir nel noso porto.

    Rebuscade un pouco na lista, qu'igual topades algúa sorpresa y, se vos presta, cuntádenola.