Mostrando entradas con la etiqueta A Veiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Veiga. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de junio de 2020

Postales da Ría del Eo


     Poño aquí úas poucas postales da mía colección. Neste caso xunto as que fain referencia á Ría del Eo.

    As dúas máis veyas xa son conocidas hai tempo. Forman parte da colección Ría Eo que publicóu a Unión Postal Universal  y das qu'hai abondas máis de todos os lugares da ría (pro poño solo as qu'eu teño; outro día hei faer úa entrada coas qu'hai por ei).

    D'esta colección Ría Eo amañarónse dúas series. As fotos da Serie A son máis veyas; tán feitas por Jean Laurent, que morréu en 1866, como nas fotos pon Laurent & CIA pode ser qu'algún fotógrafo del sou equipo seguira faendo fotos y señan algo máis veyas, pro nun parece que fose así. Das da Serie B, qu'é a que nos interesa hoi, nun sabemos el fotógrafo; pola rede hai algúa con matasellos y fecha de 1910, col ben puidera ser ese, ou outro anterior, el ano da súa publicación.


A Lagúa hacia 1910

     Na primeira d'elas podemos ver A Lagúa, nas Figueiras, y é ben interesante polos labores da xente que nela vemos: os carros del pais coa gancela, un par de muyeres lavando roupa na lagúa y varios nenos "de xente ben" dando un paseo; tamen algúa persona nel parque (quizáis pola pucha un militar ou un marino), que xa taba cercao, mirando pral fotógrafo. As casas, como é habitual nas fotos antiguas das Figueiras: miserables, y a fábrica ben nova, agá polas chaminías, que tein a marca da cinza.


A Talaya

  A segunda das postales d'esta colección é a da Talaya (este é el nome correcto en galego-asturiano, A Talaya, anque nun tamos avezaos velo así escrito). Na postal podemos ver un peteiro de xente, todos homes, nos pés da capiya de San Román. Polas puchas quizáis pódamos pensar que dalgún é marino. Choca tamén ver dalgún bombin y nel calzao podemos estremar dalgús zocos. Nos xardíos vense árboles prantaos de ben pouco.


A Ría del Eo, 1934, delanteira


    A terceira d'elas é úa postal que ye manda desde Castripol Serafín Pérez a "la niña Vicenta Palanea", de Burjasot (Valencia), el 28 de mayo de 1934. A postal nun ten título y usa el francés na súa traseira; nun conozo máis datos. El texto del róves é ben interesante: "Ahí le envio una vista de Ribadeo, la desembocadura rio Eo: a la derecha Asturias y Galicia, a la izquierda". Pro inda é máis interesante as anotacióis que fixo Serafin Pérez na portada identificando Ribadeo, Galicia, Asturias, a desembocadura del Eo y a ría del Eo. Por certo: nel primeiro plano vemos un barco fondiao al lao de Castripol, nun sito qu'hoi parécenos imposible.

A Ría del Eo, 1934, traseira

Ría del Eo, reportajes gráficos Saez

  A cuarta das postales debe ser dos anos cincuenta del siglo XX; nun teño máis datos qu'a mía intuición. El editor é, según el sello que trai na traseira, Reportajes Gráficos Saez, con dirección c/ Rodriguez Murias 21, Ribadeo.

Ribadeo: Plano de la Ría, Ediciones CAPE-Ribadeo

    El última postal é pra min a máis interesante. El ano de publicación ten que tar cerca a 1972, que foi condo abriron a linia de tren entre A Veiga y Luarca. Como el nome indica, é un plano da Ría del Eo coas cuatro vilas y as comunicacióis qu'existian entre elas por terra.

    Al cabo, as postales son interesantes elas solas, pro tráigolas aquí pola antigüedá que tein nel uso del nome Ría del Eo, algo que dalgún s'empeña en negar. Tamén é interesante que polo menos as dúas últimas tán publicadas en Ribadeo y os editores nun tein vergonza en usar el nome "asturiano" (algo que tamen pasaba nos periódicos que se publicaban en Ribadeo). Quede polo menos el archivo gráfico pra que lo poda ver todo el mundo.



    


domingo, 31 de mayo de 2015

Proyecto de ponte sobre a Ría del Eo




     Dice a entrada Ponte nel Vocabulario del Bable de Occidente de D.Bernardo Acevedo y Huelves y D.Marcelino Fernández y Fernández que "Ou pasas a ponte ou pasas el río", ademáis na nosa zona temos topónimos como A Ponte da Pena (Candaosa), A Ponte de Penacoba (Vilanova) ou A Ponte de Vitos (Grandas).

     Déixovos aquí tres imaxenes del Proyecto comparativo de dos soluciones de cruce del ferrocarril de Ferrol a Gijón sobre la Ría del Eo, obra del inxenieiro de camios Eduardo Torroja Miret (1889-1961) nel ano 1929. Nél valoránse desde un punto de vista técnico y económico as distintas solucióis pral cruce da Ría del Eo pol ferrocarril Ferrol-Xixón.

     Como en todos os documentos que falan del cruce del ferrocarril (y son muitisimos) usan el topónimo Ría del Eo non el de Ría de Ribadeo.

      Tarían falando naquel momento d'úa ponte con carretera y ferrocarril, cun tramo móvil  pra deixar pasar os barcos. Por lo que parece a idea principal del estudio era que pasase por Castripol, pro tamen ten alusióis a que debería pasar máis hacia el mar ou pola Veiga.


      Si queredes máis información sobre el proyecto podedes entrar neste enlace: CEDEX

      Por último: algún dos proyectos parecese un pouco al da ciudá d'Oporto ¿Figurádesvos úa ponte como esa na nosa Ría del Eo?