Vexo muitas fotos en branco y mouro das Figueiras, historias que nun quero esqueicer... Sirva este blog como pequena contribución pra xuntalas... Hei agradecer a vosa colaboración.
Mostrando entradas con la etiqueta As Figueiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As Figueiras. Mostrar todas las entradas
sábado, 6 de noviembre de 2021
Vocabulario da fala das Figueiras.
Neste enlace podes descargar el Vocabulario da fala das Figueiras que recopilóu José Ramón Martínez Soto "Moncho" (padre del que suscribe). Poñolo aquí pra que cualquera poda consultalo con libertá.
lunes, 22 de junio de 2020
Postales da Ría del Eo
Poño aquí úas poucas postales da mía colección. Neste caso xunto as que fain referencia á Ría del Eo.
As dúas máis veyas xa son conocidas hai tempo. Forman parte da colección Ría Eo que publicóu a Unión Postal Universal
y das qu'hai abondas máis de todos os lugares da ría (pro poño solo as
qu'eu teño; outro día hei faer úa entrada coas qu'hai por ei).
D'esta colección Ría Eo amañarónse dúas series. As fotos da Serie A
son máis veyas; tán feitas por Jean Laurent, que morréu en 1866, como nas fotos pon Laurent & CIA pode ser qu'algún fotógrafo del sou equipo seguira faendo fotos y
señan algo máis veyas, pro nun parece que fose así. Das da Serie B, qu'é a que nos interesa hoi,
nun sabemos el fotógrafo; pola rede hai algúa con matasellos y
fecha de 1910, col ben puidera ser ese, ou outro anterior, el ano da
súa publicación.
![]() |
| A Lagúa hacia 1910 |
Na primeira d'elas podemos ver A Lagúa, nas Figueiras,
y é ben interesante polos labores da xente que nela vemos: os carros
del pais coa gancela, un par de muyeres lavando roupa na lagúa y varios
nenos "de xente ben" dando un paseo; tamen algúa persona nel
parque (quizáis pola pucha un militar ou un marino), que xa taba cercao, mirando pral fotógrafo. As casas, como
é habitual nas fotos antiguas das Figueiras: miserables, y a fábrica ben nova, agá polas chaminías, que tein a marca da cinza.
![]() |
| A Talaya |
A segunda das postales d'esta colección é a da Talaya (este é el nome
correcto en galego-asturiano, A Talaya, anque nun tamos avezaos velo así
escrito). Na postal podemos ver un peteiro de xente, todos homes, nos
pés da capiya de San Román.
Polas puchas quizáis pódamos pensar que dalgún é marino. Choca tamén
ver dalgún bombin y nel calzao podemos estremar dalgús zocos. Nos
xardíos vense árboles prantaos de ben pouco.
![]() |
| A Ría del Eo, 1934, delanteira |
A terceira d'elas é úa postal que ye manda desde Castripol Serafín
Pérez a "la niña Vicenta Palanea",
de Burjasot (Valencia), el 28 de mayo de 1934. A postal nun ten título y
usa el francés na súa traseira; nun conozo máis datos. El texto del
róves é ben interesante: "Ahí le envio una vista de Ribadeo, la
desembocadura rio Eo: a la derecha Asturias y Galicia, a la izquierda". Pro
inda é máis interesante as anotacióis que fixo Serafin Pérez na portada
identificando Ribadeo, Galicia, Asturias, a desembocadura del Eo y a
ría del Eo. Por certo: nel primeiro plano vemos un barco fondiao al lao
de Castripol, nun sito qu'hoi parécenos imposible.
![]() |
| A Ría del Eo, 1934, traseira |
![]() |
| Ría del Eo, reportajes gráficos Saez |
A cuarta das postales debe ser dos anos cincuenta del siglo XX; nun
teño máis datos qu'a mía intuición. El editor é, según el sello que trai
na traseira, Reportajes Gráficos Saez, con dirección c/ Rodriguez Murias 21, Ribadeo.
![]() |
| Ribadeo: Plano de la Ría, Ediciones CAPE-Ribadeo |
El última postal é pra min a máis interesante. El ano de publicación
ten que tar cerca a 1972, que foi condo abriron a linia de tren entre A
Veiga y Luarca. Como el nome indica, é un plano da Ría del Eo coas cuatro vilas y as comunicacióis qu'existian entre elas por terra.
Al cabo, as postales son interesantes elas solas, pro tráigolas aquí pola antigüedá que tein nel uso del nome Ría del Eo, algo
que dalgún
s'empeña en negar. Tamén é interesante que polo menos as dúas últimas
tán publicadas en Ribadeo y os editores nun tein vergonza en usar el
nome "asturiano" (algo que tamen pasaba nos periódicos que se publicaban
en Ribadeo). Quede polo menos el archivo gráfico pra que lo poda ver
todo el mundo.
martes, 28 de julio de 2015
Un cuadro das Figueiras de 1793. Comentario a un cuadro de Mariano Ramón Sánchez Pintado.
El cuadro qu'hai enriba destas líneas, y a ponencia que vos trascribo debaxo, foi obxeto del meu análisis nas III Xornadas d'Hestoria Local das Figueiras, penso que merece a pena traerlo a este blog d'imáxenes antiguas das Figueiras (a este ritmo vou ter que cambearye el nome al blog porque casi todo é a color por agora), tamén foi publicao nel libro das festas pro faltabanye todas as chamadas y bibliografía. Por certo, a copia que presentamos aquí é de muita máis calidá gracias a Juan Ignacio del Chalet. El comentario é el que sigue:
Os
dibuxos ou vistas antiguas da comarca occidental asturiana son abondo
escasas. É conocido el dibuxo da Ría del Eo dende Salías
(Castripol) que Pedro Grolliez dibuxóu entre 1782 y 17851
y tamén era conocida a esistencia del lenzo sobre el qu'ha tratar
esta ponencia2,
un conocemento que nun supón, así y todo, que se vise muitas veces
el obra, inédita pral máis da xente. Querse dicir: a súa
esistencia era conocida, pro el obra era desconocida, máis aló d'us
poucos privilexaos.
Este
desconocemento xustifícase pola localización da pintura, porque
s’atopa nel Palacio da Zarzuela, que, como ben sabemos, é a
residencia oficial da Familia Real española. Nun se conoce tampouco
publicación algúa que recoya úa reproducción da pintura, nin
esposición da que formase parte, d'ei el meu atrevemento de
calificar como inédita esta obra.
Nel
dibuxo de Grolliez vemos úa imaxe un pouquín bucólica da Ría del
Eo, coas poblacióis das Figueiras y Ribadeo al fondo, pro que nun
deixa muito espacio pral estudio da evolución urbana ou d'outras
características importantes pral estudio histórico das poblacióis
máis aló del tráfico marítimo esistente, que denota úa actividá
comercial en mayor ou menor consideración.
El
lenzo que vamos analizar é un pouco máis interesante pral estudio
da historia local. Dende el meu punto de vista, pode considerarse a
vista máis veya del porto das Figueiras (ou, máis concretamente, da
praya del Muelle das Figueiras), el qu’é xustificación abonda pra
este estudio.
Nun
pretendemos analizar a calidá artística del obra, pois nun somos
xente avezada a esas actividades, senón máis ben el valor
testimonial d’ela como elemento tresmisor da realidá del época.
Éche úa pena qu'al pintor nun ye dera por virar un pouquín a vista
á súa esquerda, pois sin duda había ser máis interesante inda
dende el punto de vista da historia local, enseñándonos as casas y
cayes das Figueiras d’aquelos anos.
El
cuadro leva el titulo na esquina d'abaxo núa etiqueta ou cartela que
pon «Figueras
de Asturias»
y ta pintao en óleo sobre un lenzo de 55 x 90 cm. A pesar de
qu’oficialmente ta datao en 1796, a fecha da visita del pintor ás
Figueiras foi, tal y como imos ver, xunio de 1793. El sou autor é
Mariano Ramón Sánchez Pintado.
El
encargo
Sánchez
Pintado (1740-1822) era un pintor valenciano especializao en
paisaxes, marinas y miniaturas que s’incorpora en 1781 á nómina
de pintores al servicio de Carlos IV, primeiro condo este era
príncipe y, a partir de 1788, xa como rei, col encargo de realizar
úa colección de cuadros destinaos á decoración del Palacio Real Novo de Madrid3
hasta completar un total de 118 vistas non solo de portos, senón
tamén de pontes, arsenales, islas, bahías, etcétera.
El
reinao de Carlos IV coincide cos últimos tempos da Ilustración.
Marcao polas ideas ilustradas, el rei foi mecenas d’este y d'outros
pintores de paisaxes, col qu’axudóu á medría del saber
xeográfico pro tamén al da pintura como elemento artístico. Temos
que ter en conta que d’estos tempos son os derroteiros das costas
d’España de Vicente Tofiño ou os trabayos cartográficos de Tomás
López. A colección había ser sin duda un bon complemento d’estos
trabayos cartográficos, sobre todo tendo en conta lo lonxe que taba
a Corte.
El
método de trabayo
El
método de trabayo de Mariano Sánchez era ún dos máis avanzaos del
época se el que se buscaba era mostrar a realidá das vilas
d’España, pois utilizaba a cámara escura. Por esta razón,
podemos crer qu’a pintura qu'aquí vemos é ben fiel á realidá.
Nun sabemos mui ben se a cámara s’usóu
aquí ou non, pero, se la utilizóu, había ser máis ben «a modo de
guía»
que
como
«herramienta
última»4.
A
cámara escura é el antecedente da cámara fotográfica y usa el
mesmo efecto óptico (y qu'é el mesmo qu'el actual cámara de
fotos): a luz entra por un furadín feito na parede d'un cuarto y
proyecta a imaxe esterior na parede contraria, lo qu’usa el
ilustrador pra marcar as veiras d'esa mesma imaxe.
A
visita
Viaxaba
el pintor, acompañao por un peón que molía a pintura, en dúas
caballerías (úa pra montar y outra pra levar a «cámara
obscura, mesa de campaña y demás equipaje»).
El pintor chega ás Figueiras en xunio de 1793, concretamente el día
10, y queda nel lugar hasta el 13 del mesmo mes.
Salira
da Coruña pra Ribadeo el día 6 de xunio y chegara el día 8. Alí
tuvo hasta el día 10 de xunio; por esas dúas noites paga de pousada
28 rales de vellón. Por cruzar a ría cóbranye 12 rales y pola
pousada de tres noites nas Figueiras outros 26. El viaxe ha seguir
por Navia (unde ye cobran por pasar a ría namáis 4 rales, en
comparanza cos 12 das Figueiras) y continúa por L.luarca, Soutu
Lluiña, Xixón..., pasando a Cantabria antias de volver a Madrid.
El
cuadro
El
cuadro móstranos básicamente úa vista das Figueiras del época
dende a praya del Muelle, unde vemos un primeiro plano da Fonte da
Ribeira y el muro que la separaría del Palacio, con Castripol y a
ría al fondo.
En
primeiro término algúas personas dedícanse a os labores
relacionaos col porto (vemos dous mariñeiros trabayando con un
risón, outros dous con un caldeiro, outro nun barco y úas muyeres
acarrexando augua da fonte). Nun segundo plano vemos úa tremenda
actividá mariñeira con hasta cinco embarcacióis ben definidas y
muitas máis velas al fondo. Vese mui ben toda acosta
hasta lo que pode ser a Punta de Rapalacóis. Hoi en día esa mesma
ribeira taría ocupada pola carretera, a Rula y el Pósito.
Penso
qu’a primeira embarcación que vemos pola esquerda podía tar
faendo augua na Fonte del Pelamio ou na de Rapalacóis, mentres qu’a
embarcación grande que vemos á dereta ta sin duda cargando algún
tipo de mercancia, provisión ou incluso faendo augua na fonte da
Ribeira.
El
porto
Naquela
época, el actividá principal del porto era a pesca de baxura y el
comercio de cabotaxe entre os portos pequenos del Cantábrico,
porque as comunicacióis por terra premiaban el uso d’embarcacióis
pra tresportes pequenos.
Nun
temos datos esactos del porto das Figueiras dos anos noventa del
siglo XVIII. En 1753, nas respostas al Catastro del Marques de la
Ensenada indicaban na pregunta 37: «...
que en este dicho Coto ay diez y ocho navios, pertenecientes a otros
vecinos, como resulta a sus Relaciones y regulan quarenta y cinco
reales de Vellon por cada tonelada. También doce Lanchas de Pesca,
pertenecientes a dichos vecinos, según resultan de sus relaciones, y
regulan a cada una de utilidad al año, doscientos reales de
vellon»5.
En
conto al comercio marítimo, Pascual Madoz publica nel sou
diccionario, na entrada «Figueras»,
os
datos d'entradas y salidas de mercancías del aduana de cuarta clase
esistente nel porto en 1844. As principales importacióis son as 237
arrobas d’azucre, as 3.700 libras de coiro curtido, os 9.791
quintales de ferro ou as 884 libras de lin.
Entre
as esportacióis a outros portos del país, temos as 1.653 arrobas de
cravazón ou as 378.064 varas6
de lenzo del país (case el 90% das esportacióis totales asturianas
d’aquel ano7),
y figuran tamén 26.644 libras de carne salada y outros productos
como cebolas ou ovos.
Nun
figuran nesta relación productos tradicionales como el cal, que si
han ter ben importancia nas esportacióis del ano 1793, pois, según
Mejide Pardo, «de
1793 a 1797 entraron en A Coruña, con carga exclusiva de cal, 130
barcos, que procedían en su totalidad de Ribadeo, Figueras,
Castropol y Vegadeo»8.
Había
ser sin duda el cal dos sete caleiros esistentes na Lieira9.
Tampouco nun figura a madera, que se consideróu esportación
tradicional da comarca, pro quizás con máis importancia en épocas
anteriores.
As
embarcacióis
El
cuadro danos información tamén sobre el tipo d'embarcacióis que
s’usaban (se consideramos qu'el autor era ben realista y que,
comparando con outras vistas d’él, nun repite os modelos). Anque
nos adentremos nel campo das hipótesis, el barco da dereta ben
puidera tratarse d’un patache10 ou, máis seguramente, un quechemarín11.
Tamén pode ser úa chalupa
del bonito,
pro a esistencia de bauprés fainos pensar outra cousa, porque estas
nun lo tían. As
lanchas que se ven máis al fondo poden ser trincaos,
embarcacióis tradicionales das Rías Altas qu’arbolaban un solo
palo cerca da proa con forte caída hacía a popa y que levaban úa
sola vela de grandes dimensióis12.
É
destacable por outro lao que nun s’observan nítidamente velas
latinas entre as lanchas qu’aparecen na pintura: as máis d’elas
levan vela al tercio13.
Polo
demáis, y pra ir concluindo, pouco podemos aventurar sobre a
vestimenta tradicional que leva a xente retratada nel paisaxe;
tampouco podemos falar de Castripol, pois nun temos nitidez abonda.
A
pesar dos muitos perós que ye podemos sacar a este análisis y a
pouca información que nos dá a perspectiva escoyida pol autor, debe
destacarse a valía que presenta como documento d'importancia pral
análisis da historia das Figueiras y que completa un pouquín máis
os datos que xa temos sobre a trayectoria d’este porto mariñeiro.
1 El
dibuxo de Pedro Grolleiz foi presentao na esposición de materiales
relacionaos coas Figueiras y a Guerra da Independencia que se amañóu
con motivo das II Xornadas d'Historia Local. Forma parte da
pinacoteca da Real Academia Española.
2 Ignoraba
al hora de escribir el artículo unde se anunciara anteriormente a
esistencia del cuadro en cuestión, máis tarde sacarónme del error
cua copia del artículo Figueras de Asturias, que M.A.Serrano
Monteavaro publicóu nel semanario La Comarca del Eo en fecha que
desconozco.
3 GÓNZALEZ SANTOS, Javier (2004): «La vista de San Lorenzo y del Campo Valdés de Gijón: un cuadro del paisajista Mariano Ramón Sánchez Pintado para Jovellano007. Archivo Español de Arte. LXXVII. 308. 385-395. Http://archivoespañoldearte.revistas.csic.es
4 DE LA MANO, José: J. Mariano Sánchez y las Colecciones de Vistas de Puertos en la España de finales del Siglo XVIII (2012) .Http//:www.josedelamano.com.
5 A pergunta dicía testualmente: «37. Si hay algunos Individuos, que tengan Embarcaciones, que naveguen en la Mar, ò Rios, su porte, ò para pescar: quantas, à quien pertenecen, y què utilidad se considera de cada una à su Dueño al año». Interrogatorio a que han de satisfacer, bajo Juramento, las Justicias, y demás Personas, que harán comparecer los Intendentes en cada Pueblo. Real Decreto de 10 de octubre de 1749.
6 Según a Real Orde de 9 de decembre de 1852, pola que se determinaban as correspondencias entre as pesas y medidas métricas y as actuales en uso: úa arroba equivale a 11,5 kilogramos aprosimadamente; un quintal, a 46 kilogramos aprosimadamente; úa libra, a 0,46 kilogramos aprosimadamente; y a vara castellana, a 0,83 metros. Usando estos datos, as importacióis citadas son estas: 2.725 kilogramos d’azucre, 1.700 kilogramos de coiro curtido y 450.000 kilogramos de ferro. Entre as esportacióis: 19.000 kilogramos de cravazón, 12.500 kilogramos de carne y 313.000 metros de lenzo del país.
7 OCAMPO SUAREZ-VALDES, Joaquín (1990): Campesinos y artesanos en las Asturias preindustrial (1750-1850). Silverio Cañada Editor, Uvieo: 308-317.
8 Citao en MÉNDEZ PÉREZ DE PRESNO, Marcelino & LOMBARDERO RICO, Chemi (2005): Los hornos de cal en el extremo occidental asturiano. CEDER Oscos-Eo, Uvieo
9 Ibid., p.
10 «[...] buque de tonelaje medio-pequeño que fue muy corriente en los puertos del Norte de España en la segunda mitad del siglo XIX [...] eran barcos toscos y robustos, que fueron muy numerosos en la matricula asturiana. Realizaban fletes de cortas distancias, generalmente llevando madera y mineral –cargas de poco valor por unidad de volumen—, y fueron los últimos supervivientes del tiempo de la vela: todavía bien entrado el siglo XX se veía a pataches del occidente asturiano o de Galicia cruzar el Cantábrico...».GARCÍA LÓPEZ, José Ramón (2010): Historia de la marina mercante asturiana. Apogeo y ocaso de la vela (1840-1880). 2ª Edición, Museo Marítimo de Asturias, Lluanco: 94 y ss.
11«[...] era poco más que una lancha mayor de pesca (las que en Asturias se denominaron lanchonas), y de estructura parecida. Se diferenciaban de ellas, aparte del mayor tamaño y tener bordas más altas, en que iban provistos de bauprés con botalón (palo que sale de la proa y que permite montar las velas denominadas foques) y destinaban la mayor parte del espacio para carga [...] solían tener una capacidad de carga que oscilaba entre las 10 y 40 toneladas, y muy rara vez superaba las 50 [...] fueron muy populares en las Asturias de la primera mitad del siglo XIX». Ibid., p. 95.
12 RODRÍGUEZ GÓNZALEZ, César (2006), “Los barcos de cabotaje del Cantábrico”, Barlovento nº 11, Cuaderno de bitácora de la Fundación Villas del Cantábrico.
13 Según Agote Aizporua (Gure Itsasontziak [Nuestros Barcos]. BERTAN nº 23, Diputación Foral de Guipuzkoa. Departamento de cultura y euskera: 82), a vela al tercio predominóu nas embarcacióis menores del Cantábrico polo menos dende el siglo XVI.
miércoles, 15 de julio de 2015
"Figueras de Asturias"
As fotos d'este post tán sacadas del libro Algo para la historia de Figueras de Asturias: notas antiguas y modernas seguidas de una importante colección de documentos curiosos escrito por Miguel García y Teijeiro (Lugo, 1903, Talleres Tipográficos de G. Castro) y son a edición ampliada y miyorada qu'el autor fai da súa obra Algo para la historia de Figueras de Asturias (Rivadeo, 1894, Imp. de J.M. Páez é hijos de Cascante).
Os dous libros pódense atopar en copia dixital de muita calidá na Biblioteca Virtual del Principado de Asturias (http://www.bibliotecavirtual.asturias.es).
Dende el punto de vista d'amante da hestoria local pixota nin que dicir ten qu'os dous son úas ayalgas: sobre todo se se ten en conta a numerosa documentación que reproduce a edición ampliada del xuicio de tanteo que contra os Pardo levaron a cabo os vecíos del Coto das Figueiras y unde s'incluye tamén copia da pouca documentación qu'esiste d'un As Figueiras independiente.
Os dous libros pódense atopar en copia dixital de muita calidá na Biblioteca Virtual del Principado de Asturias (http://www.bibliotecavirtual.asturias.es).
Dende el punto de vista d'amante da hestoria local pixota nin que dicir ten qu'os dous son úas ayalgas: sobre todo se se ten en conta a numerosa documentación que reproduce a edición ampliada del xuicio de tanteo que contra os Pardo levaron a cabo os vecíos del Coto das Figueiras y unde s'incluye tamén copia da pouca documentación qu'esiste d'un As Figueiras independiente.
As imáxenes vein nel máis moderno dos libros y son seis láminas: úa vista xeneral, outra da playa y El Cotarelo (firmada por Rocafull y Compañia); del río de Santiago; da caye Alameda y dúas láminas máis escepcionales: el plano das Figueiras de Laureano L. Acevedo y úa lámina cos fiyos beneméritos y protectores das Figueiras d'aquela época.
Na reflesión final qu'el autor fai nel libro volvemos topar a importancia d'aquelos anos prá medría económica y social del lugar, núa época de cambeos qu'iban modificar el futuro das Figueiras pra os anos qu'iban vir y tamén topamos a queixa hacía Castripol como capital qu'entorpece máis qu'axuda. Dice Teijeiro:
Na reflesión final qu'el autor fai nel libro volvemos topar a importancia d'aquelos anos prá medría económica y social del lugar, núa época de cambeos qu'iban modificar el futuro das Figueiras pra os anos qu'iban vir y tamén topamos a queixa hacía Castripol como capital qu'entorpece máis qu'axuda. Dice Teijeiro:
"Los rigores del fisco, entonces y hoy más, la falta de un Municipio ordenado y celoso para con el pueblo que historiamos, hizo y hace que los vecinos de este lamenten constantemente la dejadez y apatía con los que mira la metrópoli, dejando sin efectos los quejas justificadísimas de propietarios é industriales, que ven esterilizados sus esfuerzos ante la absorción de las fuerzas... administrativas del Concejo.
Figueras, oprimido, pobre y despreciado en otros tiempos, olvidado hoy por todos menos por sus hijos, parece hallarse dispuesto á aprovechar esos medios de que dispone á fin de encaminarse rápidamente á la vida del progreso con su trabajo industrial honrado, su capital y su negocio, preparando un porvenir satisfactorio que se le avecina".
Etiquetas:
1894,
1903,
As Figueiras,
Castripol,
caye Alameda,
Cotarelo,
Coto,
Figueras independiente,
Laureano L.Acevedo,
Miguel García Teijeiro,
Pardo,
plano,
Playa,
Racafull y Compañía,
Río de Santiago
domingo, 7 de junio de 2015
Fotos aéreas das Figueiras
Deixo aquí úas fotos sacadas da fototeca del Instituto Xeográfico Nacional, que se poden consultar na súa web. Máis qu'analizar a evolución das Figueiras dende aquel tempo (eso deixolo pra úa entrada qu'hei faer con fotos d'alta calidá del conocido como "Vuelo americano" de 1957), lo que me centro é na evolución del Tesón ou máis ben nel sou avance hacía A Ribeira.
Con pequenos calcúlos que fixen d'un xeito artesanal calcúlei a distancia entre el Tesón y el Muelle: na primeira das fotos (1945) a distancia del Tesón á punta del Muelle Novo é de 210 metros aprosimaos; de 175 metros aprosimaos nos anos 1957,1973 y 1984; de 160 metros aprosimaos nel ano 1989; y d'us 60 metros nestos tempos.
Nel primeiro dos avances del Tesón namáis hai un cambeo significativo na Ría del Eo: a construcción da primeira parte del muelle comercial de Mirasol en Ribadeo. Nel outro avance pode qu'afectara a construcción da Ponte dos Santos (a escolleira de Ribadeo inda nun taría construída) y nel último avance hasta a actualidá entendo qu'afectaría a mezcra de todos os factores: Ponte, escolleira, Muelle de Mirasol y hasta os cultivos das ostras y ameixolas que puideran afectar á Lieira.
Fose lo que fose, ta claro qu'A Ría y As Figueiras merecen úa solución qu'axude tanto a recuperar os canales como a vida animal que naquel tempo había y hoi xa nun queda, y que deixe que volvan os aguiyolos, carneirolos y demáis.
viernes, 29 de mayo de 2015
Fábricas...
Encántame esta etiqueta d'úa lata de sardías pixotas... topéila un día por internet (vendíanla pra coleccionistas pro cheguéi tarde). Nun sei por tanto si é de verdá pro nun creo que naide se puxese a falsificar algo tan guapo. A fábrica La Rayana levóu de nome inicial el de Ría del Eo, según nos dice Miguel García Teijeiro na súa obra Algo para la historia de Figueras de Asturias.
Esta outra é a litografía da fábrica La Perseverancia, qu'ademáis ta chía de rasgos característicos da litografía de Ramiro Pérez del Rio, de Luarca, qu'era quen surtía de xénero as fábricas del Occidente asturiano. Figura nel Álbum fotográfico de Figueras que publicóu Fernando García Rodríguez.
Na segunda mitá del siglo XIX chegóu haber nas Figueiras 7 fábricas de conservas, escabeches, y salazón de carne y pescao, con nombres como La Rayana, La Perseverancia, La Amistad o La Idea. En 1962 nun quedaba ningúa funcionando (pro nel resto d'Asturias inda quedaban 52 según el estudio "Las Conservas de Pescado en Asturias" de Manuel Ramón Rodríguez). En 1911 anunciaba el semanario lugués La voz de la verdad qu'os vapores del bou arrimaron As Figueiras varios miles de merluzas pra surtir as súas fábricas, seguindo viaxe hacía Vigo.
Sempre quixen pensar que si esa actividá industriosa permanecese algús anos máis el noso pueblo había ter hoy en día úa mayor importancia.
Eu, que son relativamente novo, nun guardo recordos das fábricas. Nel álbum de Fernando salen algúas fotos y un pequeno artículo sobre as mesmas, pro si vosoutros tedes algo que contar aquí tedes este blog, pra que todos y todas podamos aprender.
jueves, 28 de mayo de 2015
Empezo
Vexo muitas fotos en branco y mouro das Figueiras, hestorias que nun quero esqueicer... Sirva este blog como pequena contribución pra xuntalas... hei agradecer a vosa colaboración.
Vista da Ribeira publicada nel Tomo II (1897) da monumental obra "Asturias" dixigida por Octavio Bellmut y Traver y Fermín Canella y Secades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















