Mostrando entradas con la etiqueta 1903. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1903. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de febrero de 2024

A polémica visita del obispo Martínez Vigil en 1903

    A Ramón Martínez Vigil conocémolo todos porque destaca muito ben na parte máis alta da igresia das Figueiras. Alí figura el nome d'este obispo, na placa que se puxo pra celebrar el ansiada independencia parroquial lograda nel ano 1894, que muitos esforzos y luitas levóu, y que foi condo el sou mandato, y por eso el sou nome había quedar ligao al da nosa vila y a todos nos sona. 

    Us anos máis tarde, en concreto el 26 de xunio de 1903, el obispo volve ás Figueiras nun viaxe pra recorrer en visita pastoral os arciprestazgos del occidente. Pro algun figueirolo debéu pensar qu'úa cousa é reconocerye que fora él quen firmara a orde da independencia parroquial y outra "comulgar con rodas de molín". Con esto queda armao el belén, anque fose brao.

    Nun teño mui claro cómo foron os feitos, pro si é verdá que polo menos fixeron que correran ríos de tinta, aparecedendo el noso poblín na prensa nacional entre acusacióis de bulos, falsedades, multas y detencióis. Foi tanto el xareo que s'amañóu que, de volta a Uviéu, al obispo salen a recibilo á entrada da ciudá alcalde, gobernador civil y rector da Universidá, entre outros muitos, pra reconfortalo de tanta afrenta divulgada.

    Nesa visita pastoral pol occidente, el obispo foi recibido nas poblacióis entre homenaxes y celebracióis. Por exemplo, na Veiga con arcos del trunfo nel camín y nenos levando máis de cen estándartes mentres qu'outros rapacios botaban al aire flores y palombas (El Carbayón, 30-6-1903).

    Celebracióis aparecidas tamén s'amañaron nas Figueiras unde, despóis de confimar "a multitud de niños de ambos sexos" (El Correo Español, 3-7-1903), sigue el viaxe "entre el estrépito de cohetes, vivas y algarazas" (Las Dominicales del Libre Pensamiento, 21-8-1903).

     A Ribeira, antias de 1907 (condo se fixo a carreteira). Fonte: Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico. Colección             Fermín Canella y Secades, Biblioteca d'Asturias.

    El caso é qu'el obispo tía que cruzar a Ría pra chegar a Castripol despóis das confirmacióis nas Figueiras, y é ese momento el qu'aprovetaron as forzas máis progresistas da nosa vila pr'agriarye a visita pastoral: salíuye al paso á lancha del prelao núa manifestación ruidosa un vapor que levaba na proa úa pancarta que poñía "Paso al librepensamiento" y na popa, "Atrás la Inquisición" (El Noroeste, 27-6-1903). Dende el vapor amañáronye úa cinzarrada con chifros, cornos y chocas, tamén al parecer cua sirena del barco y algún cohete. Algúas das noticias indican qu'el vapor iba acompañao de "lanchas y traineras".

    El caso saltóu axina á prensa estatal y a tinta correu abondo. Qu'el vapor, el ruido y as pancartas existiron queda claro, pro debéu haber abonda polémica sobre el tamaño da manifestación, xa que son varias as acusacióis d'inflar ou rebaxar datos que topamos entre os periódicos. Dende os 8 participantes que cita La Voz de Mondoñedo (4-7-1903) pasando polos de 10 a 12 homes que dice El Correo Español (3-7-1903), hasta as "diez mil personas" qu'este último periódico dice que chegóu a poñer a "prensa liberal". Nosoutros nun topamos outras referencias númericas, polo que poñemos en duda este dato (que, de ser verdá que se publicóu, había ser sin duda úa falsedá) y máis ben asumimos que se trata de parte da luita politica entre prensa liberal y conservadora.

    Tantas acusacióis s'amañaron qu'hasta se debéu negar a manifestación en si, xa que nel Noroeste aparece úa ratificación da súa existencia firmada pola "Tertulia Republicana de Figueras" (3-7-1903) ante acusacióis nel sentido contrario feitas nel periódico La Opinión de Asturias.

    Ademáis da polémica, a manifestación trouxo consecuencias pra os autores, a os qu'impuxeron úa fianza de 2.000 pesetas pra deixalos libres despóis de detelos por "atentado a la libertad de culto" (Los Dominicales del Libre Pensamiento, 21-8-1903); según El Correo Español (3-7-1903), os detidos foran dous.

    Nun puidemos topar máis novas sobre a manifestación y as consecuencias, pro por us días estos actos fixeron das Figueiras el centro d'úa polémica estatal.

Vista dende a Senra, antias a 1907 (condo se fixo a carreteira). Fonte: Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico. Colección Fermín Canella y Secades, Biblioteca d'Asturias.




sábado, 9 de enero de 2021

Manuel Fernández: un héroe del Mar d'Irlanda

 Tamos nel ano 1902, é el 10 d'outubre, el queche Pandora leva mineral dende Plymouth, nel sur d'Inglaterra, hasta Garston, mui cerquía da ciudá de Liverpool, nel norte del país.

    Nun momento da travesía,  úa forte vaga de mar fai qu'el barco quede sin velas nin goberno. Acude axudar el vapor Santanderino, con matrícula de Bilbao, que rescata a tripulación. De primeiras intentan salvar tamén el barco y a carga, pro el mal tempo obrígalos a deixar que se vaya a pique.

    Al parecer, nel rescate afogáse el contramaestre del barco español al caer al mar el bote salvavidas condo lo subían a bordo (nel Atlas del Léxico Marinero de Asturias, Emilio Barriuso recoye el de nostramo como nome tradicional pra 'contramaestre' nas Figueiras y en algún porto máis).

    En novembre d'ese mesmo ano, el Ministerio de Fomento británico (the Board of Trade), dáyes úa medaya de prata y dúas libras esterlinas a seis tripulantes del vapor español, entre os que taba el mariñeiro Manuel Fernández, natural das Figueiras, reconocendo os sous servicios nel salvamento da tripulación del queche. 

    Pese a qu'el título da entrada pode parecer esaxerao, seguramente el rescate nos mares del Norte, que muitos mariñeiros das Figueiras conocen, ben merecía a medaya.

Nova da medaya, La Correspondencia Gallega, 01/09/1903

     Fontes:

- The Shields Daily Gazette, 14/10/1902, Shields.
- La Vida Marítima, 20/10/1902, Madrid.
- The Daily News, 10/11/1902, Londres.
- La Correspondencia Gallega, "Recompensa a un español",  01/09/1903, A Coruña.


miércoles, 15 de julio de 2015

"Figueras de Asturias"


    As fotos d'este post tán sacadas del libro Algo para la historia de Figueras de Asturias: notas antiguas y modernas seguidas de una importante colección de documentos curiosos escrito por Miguel García y Teijeiro (Lugo, 1903, Talleres Tipográficos de G. Castro) y son a edición ampliada y miyorada qu'el autor fai da súa obra Algo para la historia de Figueras de Asturias (Rivadeo, 1894, Imp. de J.M. Páez é hijos de Cascante).
    Os dous libros pódense atopar en copia dixital de muita calidá na Biblioteca Virtual del Principado de Asturias (http://www.bibliotecavirtual.asturias.es).
   Dende el punto de vista d'amante da hestoria local pixota nin que dicir ten qu'os dous son úas ayalgas: sobre todo se se ten en conta a numerosa documentación que reproduce a edición ampliada del xuicio de tanteo que contra os Pardo levaron a cabo os vecíos del Coto das Figueiras y unde s'incluye tamén copia da pouca documentación qu'esiste d'un As Figueiras independiente.

     As imáxenes vein nel máis moderno dos libros y son seis láminas: úa vista xeneral, outra da playa y El Cotarelo (firmada por Rocafull y Compañia); del río de Santiago; da caye Alameda y dúas láminas máis escepcionales: el plano das Figueiras de Laureano L. Acevedo y úa lámina cos fiyos beneméritos y protectores das Figueiras d'aquela época.
    Na reflesión final qu'el autor fai nel libro volvemos topar a importancia d'aquelos anos prá medría económica y social del lugar, núa época de cambeos qu'iban modificar el futuro das Figueiras pra os anos qu'iban vir y tamén topamos a queixa hacía Castripol como capital qu'entorpece máis qu'axuda. Dice Teijeiro:


    "Los rigores del fisco, entonces y hoy más, la falta de un Municipio ordenado y celoso para con el pueblo que historiamos, hizo y hace que los vecinos de este lamenten constantemente la dejadez y apatía con los que mira la metrópoli, dejando sin efectos los quejas justificadísimas de propietarios é industriales, que ven esterilizados sus esfuerzos ante la absorción de las fuerzas... administrativas del Concejo.

    Figueras, oprimido, pobre y despreciado en otros tiempos, olvidado hoy por todos menos por sus hijos, parece hallarse dispuesto á aprovechar esos medios de que dispone á fin de encaminarse rápidamente á la vida del progreso con su trabajo industrial honrado, su capital y su negocio, preparando un porvenir satisfactorio que se le avecina".