Mostrando entradas con la etiqueta 1927. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1927. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de febrero de 2023

A Biblioteca das Figueiras

    El outro día levéi úa alegría al topar úas fotos da Biblioteca das Figueiras que nun conocía. Tíanlas guardadas nel Archivo Histórico d’Asturias y forman parte del Fondo del Centro Coordinador de Bibliotecas, que ta depositao nel Archivo. As fotos son dos anos 40 del siglo pasao, anque nun poin fecha concreta; según os meus calculos, tein que ser del ano 1949.

    Como xa levaba tempo pensando en faer úa entradía nel blog sobre a Biblioteca, puxenme con elo, y así móvolo un pouco, que leva muito tempo parao.

    A Biblioteca ben merece esta reseña, polo que nos leva dao como poblo, muito máis aló del servicio que presta... De neno, eu sempre presumía das cousas que tía As Figueiras sin ser capital de conceyo, lo que me valía pra darnos importancia en comparanza con outras vilas da contornada. Entre esas cousas, a Biblioteca sempre tía un sito destacao. É qu’ademáis daquela einda nun la había en muitas capitales de conceyo. En fin, cousas de neno. Al faerse mayor a ún habíaye prestar poder presumir de cousas muito máis importantes, empezando pola demografía, pro ún nun deixa de sentirse orguyoso da nosa Biblioteca Municipal, con mayúsculas.

    El xermolo del actual Biblioteca ten que ver col grupo de mozos que nas primeiras décadas del siglo XX discurríu en Castripol a Biblioteca Popular Circulante (BPC), qu’era muito máis qu’úa biblioteca. Un peteiro de xente avanzada al sou tempo que buscaba a renovación cultural, y polo tanto política, del país usando os métodos máis innovadores del época.

      El 27 de setembre de 1927 inaugúrase a sucursal das Figueiras da BPC. El local unde s’instalóu foi a Caseta d’Abrigo da praya y el encargao d’ela foi Antonio Suárez García. Pr’adquirir os libros y mobiliario cuntaron col axuda dos emigraos a Cuba (100 pesetas), a Buenos Aires (388 pesetas) y, máis tarde, de Montevideo. Tamén cuntaron con apoyo da xente que vivía na vila, con aportacióis entre as que destaca a que fixeron tres donantes que puxeron elos solos 50 pesetas.



A biblioteca en 1927, El Aldeano (15/03/1932)

    A biblioteca duróu pouco na Caseta d’Abrigo, y en 1929 trasládanla al Pósito de Mariñeiros, “resintiéndose las estadísticas”, según informa El Aldeano. Temos que reparar en qu’el Pósito al que la moveron nun debía ser el actual, al que se trasladaron en 1932, despós da inauguración. Nun conozo únde taba ese outro Pósito, que debía ser máis lonxe da Ribeira pra que tanto se resentisen os préstamos de libros.

    En 1932 el bibliotecario era Francisco Fidalgo, axudao por Francisco González. Na foto que vemos debaxo son os que tán de pé detrás dos lectores calzaos con zocas. Nesos anos el número de lectores y obras en préstamo da sucursal figueirola da BPC faía que se fixera úa referencia aparte nas novas que sobre a BPC publicaban en El Aldeano.


Os encargaos da Biblioteca das Figueiras y algús lectores típicos (1932). Imaxe publicada en El Aldeano (15/03/1932). 

    A Guerra Civil y a posterior victoria dos sublevaos, que nun podían ver todo aquelo que significaba educación y libre pensamento, puxeron fin al proyecto da BPC y tamén á esperiencia da sucursal das Figueiras.       

    Nun foi hasta 1949 condo volvéu ver a luz a Biblioteca nas Figueiras. Tras a incautación y depuración, a BPC de Castripol recuperóu a súa actividá en outubre de 1945, xa col nome de "Menéndez Pelayo", pensador vinculado familarmente á vila castripoleña, pro referente ademáis del pensamento nacionalcatólico. Convén abrir aquí un paréntesis pra destacar que condo hai pouco tempo se decidíu cambiar el nome da Biblioteca Menéndez Pélayo xuntando el da BPC y el de Menéndez Pelayo, pouco favor ye fixeron á memoria d’aquela idea tan progresista, poñendo os incautaos y os incautadores, os censuraos y os censores, al mesmo nivel (1).

    As sucursales da BPC, como era el caso da das Figueiras, recibiran el mesmo trato qu’a principal. Ningúa d’elas había volver a abrir as portas agá a pixota. El 20 de xulio de 1949 envíanse dende Castripol prá Biblioteca Pública das Figueras, instalada nel Pósito de Mariñeiros, un primeiro lote de obras que perteneceran a “la antigua filial de aquel pueblo”, ademáis d’outras obras que taban duplicadas na de Castripol. A recepción das obras faila el presidente del Pósito, Basilio Cabado, el encargao da Biblioteca, qu’había ser Alberto Mediavilla, y Laureano Bravo Mariño.

   Nun sabemos cómo funcionóu nel ano 1949 a Biblioteca, nin sequera se realmente tuvo aberta al público. Nun debéu tar muito tempo nel piso d’enriba, polo que me cunta mía madre Conchita y mía tía Estrella, que sempre s’acordan da Biblioteca nel baxo del Pósito. En  xeneiro de 1950 nombran encargao a Laureano Bravo Mariño, Lauriano del Zapateiro. Nesa época a Biblioteca xa leva el nombre de Miguel G. Teijeiro, y funciona como úa filial da de Castripol en conto á recepción de libros y presuposto.

    Pra darye al asunto a relevancia que debemos darye, hai que considerar que, por exemplo, A Veiga nun inauguróu a súa biblioteca hasta 1954.

Interior da Biblioteca, probablemente en 1949 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

Exterior da Biblioteca, probablemente en 1949 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

Edificio del Pósito, probablemente en 1950 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

     En outubre de 1950 a Xunta da Biblioteca xa pide al Conceyo de Castripol a municipalización “dado el auge que ha tomado”, pro esta nun se fexo realidá hasta el ano 1961, sendo el encargao naquela fecha José Suárez Capellá, Pepe d’Arbitrios. Pepe cúntanos qu’él chegóu ás Figueiras nel brao de 1957. Ben sei que non muito tempo despós deberon encargarye levar a Biblioteca, compaxinando ese labor col sou trabayo en Arbitrios.

    É nel ano 1961 condo se logra el ansiada municipalización, integrando a das Figueiras nel Centro Coordinador de Bibliotecas. El 13 de xunio de 1961 fírmase el Orde Ministerial que crea a Biblioteca Pública Municipal “Miguel G. Teijeiro”. En novembre d’ese ano foi a inauguración oficial, según publica el Boletín da Dirección Estatal d’Archivos y Bibliotecas, pro nun debéu ser máis qu’un mero trámite, al qu’acudiron el alcalde y el director del Centro Coordinador de Bibliotecas, Lorenzo Rodriguez-Castellano. A Biblioteca cuntaba nese momento con 2.900 exemplares.

A Biblioteca Miguel G.Teijeiro, Boletín Dirección Estatal d'Archivos y Bibliotecas nº62 (11/12/1961)

    A Biblioteca tuvo nel baxo del Pósito hasta os anos 70 del siglo pasao, nos que pasa á Torre del Reló, unde quedaran locales baleiros al pechar as Escolas. El encargao xa había anos era Juan  Pérez Villares.

A Biblioteca na Torre del Reló (imaxe publicada en redes sociales por Biblioasturias.com).

Interior da Biblioteca na Torre del Reló (imaxe publicada en redes sociales por Biblioasturias.com)

    Os anos da Biblioteca na Torre del Reló hasta a súa reforma na primeira década d’este siglo foron amolaos, nun edificio en estao mui ruin, chen de goteiras y humedades, con un horario mui reducido y mui pouca actividá. 

    Tras a reforma, que trouxo tamén a incorporación de  Josefina López como bibliotecaria, dotóuse a Biblioteca dos servicios qu’hoi en día precisa úa institución d’esas características pra funcionar. Seguramente os tempos nun son os miyores en comparanza con épocas máis veyas. A chegada das tecnoloxías  novas y el baxón demográfico poinlo abondo difícil, pro el labor que se fai dende a Biblioteca é destacable y luita contra esos enemigos. Volvendo al principio da entrada, podemos seguir presumindo de Biblioteca.


(1) Pra profundizar na incautación da BPC y nel proceso que levóu a reapertura da mesma col nome y réxime novo, é muito recomendable este artículo: X. M. Suárez Fernández, “A incautación da Biblioteca Popular Circulante de Castripol. Memoria y dignidá núas cartas de Vicente Loriente Cancio”, Erada.Revista d’Historia Contemporánea d’Asturies, n.º 2, Uviéu, 2009. Pódese consultar neste enlaceA incautación...
       




jueves, 13 de octubre de 2016

Región: diario de la mañana



   
   El diario Región publicóuse en Uviéu entre os anos 1923 y 1983 pola Editorial Gráfica Asturiana. El subtítulo Diario de la mañana nun lo usaron hasta el ano 1933, pro parecéume acertao titular a entrada del blog d’este xeito. Foi un diario con abondo uso de material gráfico, lo que nos deixa trer us contos recordos y algúa qu’outra ayalga. As fotos qu’amostramos aquí vein dos númaros custodiaos pol Real Instituto d’Estudios Asturianos (RIDEA), que tán dixitalizaos y poden consultarse na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica del Ministerio de Cultura. A calidá das fotos nun é a miyor porque tán sacadas directamente del periódico. 

1.-A.Fernández, Región, 5 de marzo de 1924
    A primeira das fotos é pra min a máis interesante pol sou interés etnográfico. É úa foto del ano 1924 d’úa murga del antroido (penso qu’a foto pode ser na plaza de San Foliz). El grupo vai con un moneco (un antruejo, chámaye el redactor, palabra casteyana equivalente al noso antroido) encima d’un burro. Nel víspora xa fora publicada úa nova sobre el antroido na vila na que falaban d’estas murgas y tamén das corridas de galos que s’amañaban nel lugar. Sobre as murgas cuntan que salían polas aldeas d’alredor el sábado antias del domingo d’Antroido. Fruto d’esas escursióis xuntaban ovos (vese un bon cesto na foto), xamón y embutidos cos qu’amañaban úa búa fartura. 


    El corresponsal cunta cómo as murgas inda se xuntaban, anque as festas del Antroido foran muito a menos (algo qu’achaca al emigración), pro el outro costume, as corridas de galos, xa nun se faía. Sobre este tema escribe J. M. (qu’é como firma): "El espectáculo más suntuoso que se daba era la corrida de gallos. Se celebra el domingo en la plaza del Comercio y el martes en la explanada del muelle. Asistía todo el vecindario, y venía mucha gente de los pueblos inmediatos, sobre todo de Castropol y Barres. De una cuerda, extendida de un extremo a otro, se colgaba uno y más gallos. Los jóvenes de la villa, ataviados con vistosos y flamantes trajes, empuñando un sable, atacaban al gallo hasta que le cortaban el cuello. El acto duraba un par de horas, y en este espacio de tiempo reinaba en la plaza una estruendosa algazara. Cuando se daba fin, la gente recorría el pueblo en alegre comitiva, tocando diferentes instrumentos musicales. Con los gallos muertos se hacía una suculenta comida. Junto a las mascaradas y murgas, había con frecuencia ordenadas comparsas, que se formaban con elementos estudiantiles, entonces muy nutridos en esta villa y otros que venían de Castropol y Ribadeo" (Región, 4 de marzo de 1924).
    
2.- Mancio, Región, 7 d'agosto de 1924
       A segunda das fotos corresponde al acto da bendición del Cuartel dos carabineiros (na casa que máis tarde foi el Chevalier y despos el Andorra). Participaron nel acto el alcalde de Castripoll, Francisco Campoamor; el primeiro tenente d’alcalde, José Castro Valdés; el tenente coronel dos carabineiros da Comandancia d’Uviéu, José de Diego Abadía; el responsable del goberno nel partío, Alejandro Velarde; y muitas máis autoridades. Celebróuse a bendición con úa misa cantada pol cura da parroquia naquelos tempos, Inocencio Cotarelo, cua capiya de música dirixida por Enrique Murias. Fíxose despós a procesión de Santiago (celebraron a festa el mesmo día) hasta el cuartel, con banda de música y un piquete de carabineiros. A madrina del acto fora María del Rosario Trénor y a bandeira izóula nel mástil Mariano Hernández, comandante dos carabineiros das Figueiras.

      As outras fotos forman parte d’un reportaxe fotográfico que fixo el diario con motivo da visita da Súa Alteza Real el Príncipe d’Asturias Alfonso de Borbón y Banttenberg, fiyo del monarca Alfonso XIII. Debe faltar algúa porque faltan un par de páxinas, precisamente unde se narra a visita del príncipe ás Figueiras polo que nun podo cuntar muito del que dixeron as crónicas. Dicen el ABC y La Vanguardia nas súas novas da visita que foi recibido na Ribeira a úa da tarde polos señores de Trénor, el capitan xeneral interino y el xeneral de Feijoo, comendo nel Palacio y pasando despós a Castropol y Ribadeo, y volvendo á tardía pra tomar un refresco nel Palacio y seguir viaxe camín de Luarca xa de noite.


     Nas fotos que siguen podemos ver varios detalles narrados nas crónicas: as casas engalanadas (nun vemos as casas pro si el edificio da rula), a motora cua que se salióu pola Ría, os somatenes, etc. Espero d’aquí a pouco poder completar esta entrada da visita real con algúa foto máis se é qu’esiste.

3.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
4.-Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
5.-Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
6.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
7.- Buelta, Región, 30 d'agosto de 1925
8.- Anónimo, Región, 10 d'outubre de 1925

    A foto que precede estas renguileiras nun la temos que confundir cua postal aparecida da colección Ría del Eo. A postal é del ano 1905 se nun m’engaño y a foto da Lagúa é veinte anos máis tarde, pro case nun se notan cambeos. Se reparamos ben, podemos ver el empezo del Río de Santiago. Tanto esta como a que vén despós nun tán relacionadas con artículo ningún del periódico, senón que s’engloban en reportaxes fotográficos que faían baxo el título Aspectos Asturianos. A foto da caye Covadonga que sigue xa la conocíamos pola súa publicación en El Progreso de Asturias da Habana, polo que entendemos qu’el sou autor é Celestino Álvarez González.



9.- Anónimo, Región, 10 d'outubre de 1925

10.-Modesto, Región, 25 de febreiro de 1926
     Esta outra foto tampouco nun ten artículo ou nova algúa aparte del pé de foto. Trátase d’un posao que fixeron os actores del sainete El Trato, qu’escribira Francisco Fernández-Arias Campoamor y que fora estrenao nas Figueiras nel ano 1926. A edición d’esta obra que fixo Xosé Miguel Suárez Fernández foi publicada nel ano 2005 pola Asociación Cultural Rapalacóis. Nesa edición incluyése úa foto da representación y outra del cartel, pro esta foto era desconocida hasta el momento. Un día hei faer úa entrada máis estensa sobre esta obría escrita en galego-asturiano y que debe ter merecido reconocemento pola nosa parte.

    Das fotos que vein agora pouco podemos decir. Son interesantes algúas dende el punto de vista topónimico prá polémica del nome da Ría: como se pode ver, salen dúas col nome de Ría del Eo y outra col nome de Ría de Ribadeo. Como era habitual nel época, usaban ás veces el topónimo galego pra temas relacionados cua navegación (un naufraxo neste caso), pro el nome d’uso xeneralizao na prensa nun era outro qu’el de Ría del Eo.

     Sobre a nova del naufraxo (que si ten crónica nel diario) indica que se trata d’El Fornel, un barco construido en Inglaterra en 1892, de 25,87 metros, 106 toneladas de desprazamento y 7 tripulantes (que se salvaron). Embarrancóu pola "densa niebla" condo iba dende Foz hasta Xixón cargado de madera.


     En fin, un pouco máis d’historia gráfica que fai ter un pouco de señardá por úa época na qu’As Figueiras rezumaba actividá polos cuatro costaos.

11.- Gómez, Región, 26 d'abril de 1926

12.- Lancio, Región, 25 de mayo de 1927

13.- Anónimo, Región, 3 de febreiro de 1931

14.- Anónimo, Región, 4 de febreiro de 1931

15.- Anónimo, Región, 2 d'agosto de 1932