Mostrando entradas con la etiqueta A Ribeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Ribeira. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de febrero de 2023

A Biblioteca das Figueiras

    El outro día levéi úa alegría al topar úas fotos da Biblioteca das Figueiras que nun conocía. Tíanlas guardadas nel Archivo Histórico d’Asturias y forman parte del Fondo del Centro Coordinador de Bibliotecas, que ta depositao nel Archivo. As fotos son dos anos 40 del siglo pasao, anque nun poin fecha concreta; según os meus calculos, tein que ser del ano 1949.

    Como xa levaba tempo pensando en faer úa entradía nel blog sobre a Biblioteca, puxenme con elo, y así móvolo un pouco, que leva muito tempo parao.

    A Biblioteca ben merece esta reseña, polo que nos leva dao como poblo, muito máis aló del servicio que presta... De neno, eu sempre presumía das cousas que tía As Figueiras sin ser capital de conceyo, lo que me valía pra darnos importancia en comparanza con outras vilas da contornada. Entre esas cousas, a Biblioteca sempre tía un sito destacao. É qu’ademáis daquela einda nun la había en muitas capitales de conceyo. En fin, cousas de neno. Al faerse mayor a ún habíaye prestar poder presumir de cousas muito máis importantes, empezando pola demografía, pro ún nun deixa de sentirse orguyoso da nosa Biblioteca Municipal, con mayúsculas.

    El xermolo del actual Biblioteca ten que ver col grupo de mozos que nas primeiras décadas del siglo XX discurríu en Castripol a Biblioteca Popular Circulante (BPC), qu’era muito máis qu’úa biblioteca. Un peteiro de xente avanzada al sou tempo que buscaba a renovación cultural, y polo tanto política, del país usando os métodos máis innovadores del época.

      El 27 de setembre de 1927 inaugúrase a sucursal das Figueiras da BPC. El local unde s’instalóu foi a Caseta d’Abrigo da praya y el encargao d’ela foi Antonio Suárez García. Pr’adquirir os libros y mobiliario cuntaron col axuda dos emigraos a Cuba (100 pesetas), a Buenos Aires (388 pesetas) y, máis tarde, de Montevideo. Tamén cuntaron con apoyo da xente que vivía na vila, con aportacióis entre as que destaca a que fixeron tres donantes que puxeron elos solos 50 pesetas.



A biblioteca en 1927, El Aldeano (15/03/1932)

    A biblioteca duróu pouco na Caseta d’Abrigo, y en 1929 trasládanla al Pósito de Mariñeiros, “resintiéndose las estadísticas”, según informa El Aldeano. Temos que reparar en qu’el Pósito al que la moveron nun debía ser el actual, al que se trasladaron en 1932, despós da inauguración. Nun conozo únde taba ese outro Pósito, que debía ser máis lonxe da Ribeira pra que tanto se resentisen os préstamos de libros.

    En 1932 el bibliotecario era Francisco Fidalgo, axudao por Francisco González. Na foto que vemos debaxo son os que tán de pé detrás dos lectores calzaos con zocas. Nesos anos el número de lectores y obras en préstamo da sucursal figueirola da BPC faía que se fixera úa referencia aparte nas novas que sobre a BPC publicaban en El Aldeano.


Os encargaos da Biblioteca das Figueiras y algús lectores típicos (1932). Imaxe publicada en El Aldeano (15/03/1932). 

    A Guerra Civil y a posterior victoria dos sublevaos, que nun podían ver todo aquelo que significaba educación y libre pensamento, puxeron fin al proyecto da BPC y tamén á esperiencia da sucursal das Figueiras.       

    Nun foi hasta 1949 condo volvéu ver a luz a Biblioteca nas Figueiras. Tras a incautación y depuración, a BPC de Castripol recuperóu a súa actividá en outubre de 1945, xa col nome de "Menéndez Pelayo", pensador vinculado familarmente á vila castripoleña, pro referente ademáis del pensamento nacionalcatólico. Convén abrir aquí un paréntesis pra destacar que condo hai pouco tempo se decidíu cambiar el nome da Biblioteca Menéndez Pélayo xuntando el da BPC y el de Menéndez Pelayo, pouco favor ye fixeron á memoria d’aquela idea tan progresista, poñendo os incautaos y os incautadores, os censuraos y os censores, al mesmo nivel (1).

    As sucursales da BPC, como era el caso da das Figueiras, recibiran el mesmo trato qu’a principal. Ningúa d’elas había volver a abrir as portas agá a pixota. El 20 de xulio de 1949 envíanse dende Castripol prá Biblioteca Pública das Figueras, instalada nel Pósito de Mariñeiros, un primeiro lote de obras que perteneceran a “la antigua filial de aquel pueblo”, ademáis d’outras obras que taban duplicadas na de Castripol. A recepción das obras faila el presidente del Pósito, Basilio Cabado, el encargao da Biblioteca, qu’había ser Alberto Mediavilla, y Laureano Bravo Mariño.

   Nun sabemos cómo funcionóu nel ano 1949 a Biblioteca, nin sequera se realmente tuvo aberta al público. Nun debéu tar muito tempo nel piso d’enriba, polo que me cunta mía madre Conchita y mía tía Estrella, que sempre s’acordan da Biblioteca nel baxo del Pósito. En  xeneiro de 1950 nombran encargao a Laureano Bravo Mariño, Lauriano del Zapateiro. Nesa época a Biblioteca xa leva el nombre de Miguel G. Teijeiro, y funciona como úa filial da de Castripol en conto á recepción de libros y presuposto.

    Pra darye al asunto a relevancia que debemos darye, hai que considerar que, por exemplo, A Veiga nun inauguróu a súa biblioteca hasta 1954.

Interior da Biblioteca, probablemente en 1949 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

Exterior da Biblioteca, probablemente en 1949 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

Edificio del Pósito, probablemente en 1950 (Archivo Histórico d'Asturias, Fondo Centro Coordinador de Bibliotecas)

     En outubre de 1950 a Xunta da Biblioteca xa pide al Conceyo de Castripol a municipalización “dado el auge que ha tomado”, pro esta nun se fexo realidá hasta el ano 1961, sendo el encargao naquela fecha José Suárez Capellá, Pepe d’Arbitrios. Pepe cúntanos qu’él chegóu ás Figueiras nel brao de 1957. Ben sei que non muito tempo despós deberon encargarye levar a Biblioteca, compaxinando ese labor col sou trabayo en Arbitrios.

    É nel ano 1961 condo se logra el ansiada municipalización, integrando a das Figueiras nel Centro Coordinador de Bibliotecas. El 13 de xunio de 1961 fírmase el Orde Ministerial que crea a Biblioteca Pública Municipal “Miguel G. Teijeiro”. En novembre d’ese ano foi a inauguración oficial, según publica el Boletín da Dirección Estatal d’Archivos y Bibliotecas, pro nun debéu ser máis qu’un mero trámite, al qu’acudiron el alcalde y el director del Centro Coordinador de Bibliotecas, Lorenzo Rodriguez-Castellano. A Biblioteca cuntaba nese momento con 2.900 exemplares.

A Biblioteca Miguel G.Teijeiro, Boletín Dirección Estatal d'Archivos y Bibliotecas nº62 (11/12/1961)

    A Biblioteca tuvo nel baxo del Pósito hasta os anos 70 del siglo pasao, nos que pasa á Torre del Reló, unde quedaran locales baleiros al pechar as Escolas. El encargao xa había anos era Juan  Pérez Villares.

A Biblioteca na Torre del Reló (imaxe publicada en redes sociales por Biblioasturias.com).

Interior da Biblioteca na Torre del Reló (imaxe publicada en redes sociales por Biblioasturias.com)

    Os anos da Biblioteca na Torre del Reló hasta a súa reforma na primeira década d’este siglo foron amolaos, nun edificio en estao mui ruin, chen de goteiras y humedades, con un horario mui reducido y mui pouca actividá. 

    Tras a reforma, que trouxo tamén a incorporación de  Josefina López como bibliotecaria, dotóuse a Biblioteca dos servicios qu’hoi en día precisa úa institución d’esas características pra funcionar. Seguramente os tempos nun son os miyores en comparanza con épocas máis veyas. A chegada das tecnoloxías  novas y el baxón demográfico poinlo abondo difícil, pro el labor que se fai dende a Biblioteca é destacable y luita contra esos enemigos. Volvendo al principio da entrada, podemos seguir presumindo de Biblioteca.


(1) Pra profundizar na incautación da BPC y nel proceso que levóu a reapertura da mesma col nome y réxime novo, é muito recomendable este artículo: X. M. Suárez Fernández, “A incautación da Biblioteca Popular Circulante de Castripol. Memoria y dignidá núas cartas de Vicente Loriente Cancio”, Erada.Revista d’Historia Contemporánea d’Asturies, n.º 2, Uviéu, 2009. Pódese consultar neste enlaceA incautación...
       




domingo, 3 de abril de 2016

El Progreso de Asturias


      El Progreso de Asturias foi úa revista editada na Habana (Cuba) entre os anos 1919 y 1957. A súa fundación ta mui relacionada col Occidente asturiano y coa Sociedad de Naturales de Boal, y, máis en concreto, con ún dos sous fundadores, Celestino Álvarez González (1881-1957), que foi director da revista dende el sou nacemento hasta a súa morte.

      A revista avezaba a incluír nos sous númaros fotos de paisaxes d'Asturias pra ilustrar as novas que yes contaban del país a os emigraos asturianos, qu'eran os lectores d’aquela publicación, por eso presenta un bon fondo documental conservao hasta os nosos días por un neto del director y que foi adquirío pol Museo del Poblo d'Asturias (Xixón) xunto á colección da revista cuase completa.

      As qu'espoño aquí son as fotos das Figueiras que topéi nel archivo. Pode haber algúa que sía conocida pro a min nun me sonan de velas nin publicadas en papel nin pola rede. A primeira d’elas, del ano 1930, mostra úa vista del Palacio dende A Canteira máis ou menos. Vense tamen A Ribeira y El Cotarelo. Nun primeiro plano (tapaos pol pé de foto), podemos estremar úa familia nel eiro (que ta labrao de meiz, si nun m'engaño). Na Ribeira vemos os burros ataos na entrada da caye Comercio y a Caseta dos Carabineiros.

1- Anónimo, Vista de la Villa de Figueras, 1930, Museo del Poblo d'Asturias.
      A segunda d’elas é úa vista da Ribeira y dos xardíos del Palacio. Na Ribeira vemos un bon grupo de xente, cuase todas muyeres, que quizáis tían esperando a os homes que vein del mar. Tamén vemos algo d'actividá mariñeira (hai carros nel muelle que puideran tar esperando a descarga das dúas grandes embarcacióis que tán atracadas). El Pósito inda nun taba construído (a foto é del ano 1930, anque igual é máis veya porque nese ano figúrome qu'as obras del Pósito habían tar empezadas) y lo que si vemos son os bancos qu'había al son da carretera y qu'agora tán destrozaos. Nel pé de foto falan del porto “de Castropol”, nel sito del das Figueiras, y citan a Ría del Eo (ría Eo), ese nome que dicen algús qu’inventamos os asturianos nos anos 80 del siglo pasao.

2- Anónimo, Vista del puerto de Castropol, 1930, Museo del Poblo d'Asturias. 

      Outra das fotos, del ano 1925, mostra As Figueiras dende el camín da Talaya, con todos os eiros qu'había nel Cotarelo y todo el paisaxe hasta os montes das Campas. A cuarta é del ano 1932 y enséñanos a carretera de Barres (por error indica nel pé de foto que Barres pertenece a Tapia) dende A Bouza de don Miguel hasta as escolas. Nela vemos dous carruaxes y, se reparamos un pouco, un peteiro de xente a pé, todo rodiao de terras mui ben labradas.

3- Anónimo, Vista general de Figueras, 1925, Museo del Poblo d'Asturias.

4- Anónimo, Tierras de labor y al fondo el pueblo de Barres, visto desde Figueras, 1932, Museo del Poblo d'Asturias.

      Hai dúas fotos máis ben interesantes das cayes das Figueiras. Na primeira d’elas, de 1920, temos un primeiro plano da caye Covadonga, con úa farmacia qu'esistía na casa que máis tarde foi a fruteiría de Consuelo. Tamén podemos ver en detalle a electrificación das cayes da vila, as aceras construídas nun faía muito y a vestimenta da xente d’aquela época. El outra foto é da caye da Talaya: é chocante ver a xente na porta das casas da caye faendo un posao pral fotógrafo. Nestas últimas fotos el nome que ye dan nel pé de foto á vila é el de “Castropol”, por eso é normal que tampouco nun se conozan.

5- Anónimo, Vecinos de Castropol en una calle empedrada, junto a una farmacia, 1925, Museo del Poblo d'Asturias.

6- Anónimo, Calle empedrada de la villa de Castropol,1930, Museo del Poblo d'Asturias.

      El fondo d’El Progreso de Asturias ten tamén outras fotos da comarca case desconocidas (eu teño copia d’úa foto das Campas y outra d’úa nena xugando na praya de Penarronda) y seguro qu'el sou estudio ha trer algúa sorpresa pra os interesaos na nosa zona.

      Por último teño qu'agradecer al Museo del Poblo d'Asturias a súa colaboración sin a qu'esta entrada del blog nun houbera sido posible.

martes, 28 de julio de 2015

Un cuadro das Figueiras de 1793. Comentario a un cuadro de Mariano Ramón Sánchez Pintado.



    El cuadro qu'hai enriba destas líneas, y a ponencia que vos trascribo debaxo, foi obxeto del meu análisis nas III Xornadas d'Hestoria Local das Figueiras, penso que merece a pena traerlo a este blog d'imáxenes antiguas das Figueiras (a este ritmo vou ter que cambearye el nome al blog porque casi todo é a color por agora), tamén foi publicao nel libro das festas pro faltabanye todas as chamadas y bibliografía. Por certo, a copia que presentamos aquí é de muita máis calidá gracias a Juan Ignacio del Chalet. El comentario é el que sigue:

    Os dibuxos ou vistas antiguas da comarca occidental asturiana son abondo escasas. É conocido el dibuxo da Ría del Eo dende Salías (Castripol) que Pedro Grolliez dibuxóu entre 1782 y 17851 y tamén era conocida a esistencia del lenzo sobre el qu'ha tratar esta ponencia2, un conocemento que nun supón, así y todo, que se vise muitas veces el obra, inédita pral máis da xente. Querse dicir: a súa esistencia era conocida, pro el obra era desconocida, máis aló d'us poucos privilexaos.

    Este desconocemento xustifícase pola localización da pintura, porque s’atopa nel Palacio da Zarzuela, que, como ben sabemos, é a residencia oficial da Familia Real española. Nun se conoce tampouco publicación algúa que recoya úa reproducción da pintura, nin esposición da que formase parte, d'ei el meu atrevemento de calificar como inédita esta obra.

    Nel dibuxo de Grolliez vemos úa imaxe un pouquín bucólica da Ría del Eo, coas poblacióis das Figueiras y Ribadeo al fondo, pro que nun deixa muito espacio pral estudio da evolución urbana ou d'outras características importantes pral estudio histórico das poblacióis máis aló del tráfico marítimo esistente, que denota úa actividá comercial en mayor ou menor consideración.

    El lenzo que vamos analizar é un pouco máis interesante pral estudio da historia local. Dende el meu punto de vista, pode considerarse a vista máis veya del porto das Figueiras (ou, máis concretamente, da praya del Muelle das Figueiras), el qu’é xustificación abonda pra este estudio.

    Nun pretendemos analizar a calidá artística del obra, pois nun somos xente avezada a esas actividades, senón máis ben el valor testimonial d’ela como elemento tresmisor da realidá del época. Éche úa pena qu'al pintor nun ye dera por virar un pouquín a vista á súa esquerda, pois sin duda había ser máis interesante inda dende el punto de vista da historia local, enseñándonos as casas y cayes das Figueiras d’aquelos anos.

    El cuadro leva el titulo na esquina d'abaxo núa etiqueta ou cartela que pon «Figueras de Asturias» y ta pintao en óleo sobre un lenzo de 55 x 90 cm. A pesar de qu’oficialmente ta datao en 1796, a fecha da visita del pintor ás Figueiras foi, tal y como imos ver, xunio de 1793. El sou autor é Mariano Ramón Sánchez Pintado.

El encargo

    Sánchez Pintado (1740-1822) era un pintor valenciano especializao en paisaxes, marinas y miniaturas que s’incorpora en 1781 á nómina de pintores al servicio de Carlos IV, primeiro condo este era príncipe y, a partir de 1788, xa como rei, col encargo de realizar úa colección de cuadros destinaos á decoración del Palacio Real Novo de Madrid3 hasta completar un total de 118 vistas non solo de portos, senón tamén de pontes, arsenales, islas, bahías, etcétera.

    El reinao de Carlos IV coincide cos últimos tempos da Ilustración. Marcao polas ideas ilustradas, el rei foi mecenas d’este y d'outros pintores de paisaxes, col qu’axudóu á medría del saber xeográfico pro tamén al da pintura como elemento artístico. Temos que ter en conta que d’estos tempos son os derroteiros das costas d’España de Vicente Tofiño ou os trabayos cartográficos de Tomás López. A colección había ser sin duda un bon complemento d’estos trabayos cartográficos, sobre todo tendo en conta lo lonxe que taba a Corte.

El método de trabayo

    El método de trabayo de Mariano Sánchez era ún dos máis avanzaos del época se el que se buscaba era mostrar a realidá das vilas d’España, pois utilizaba a cámara escura. Por esta razón, podemos crer qu’a pintura qu'aquí vemos é ben fiel á realidá. Nun sabemos mui ben se a cámara s’usóu aquí ou non, pero, se la utilizóu, había ser máis ben «a modo de guía» que como «herramienta última»4.

    A cámara escura é el antecedente da cámara fotográfica y usa el mesmo efecto óptico (y qu'é el mesmo qu'el actual cámara de fotos): a luz entra por un furadín feito na parede d'un cuarto y proyecta a imaxe esterior na parede contraria, lo qu’usa el ilustrador pra marcar as veiras d'esa mesma imaxe.

A visita

    Viaxaba el pintor, acompañao por un peón que molía a pintura, en dúas caballerías (úa pra montar y outra pra levar a «cámara obscura, mesa de campaña y demás equipaje»). El pintor chega ás Figueiras en xunio de 1793, concretamente el día 10, y queda nel lugar hasta el 13 del mesmo mes.

    Salira da Coruña pra Ribadeo el día 6 de xunio y chegara el día 8. Alí tuvo hasta el día 10 de xunio; por esas dúas noites paga de pousada 28 rales de vellón. Por cruzar a ría cóbranye 12 rales y pola pousada de tres noites nas Figueiras outros 26. El viaxe ha seguir por Navia (unde ye cobran por pasar a ría namáis 4 rales, en comparanza cos 12 das Figueiras) y continúa por L.luarca, Soutu Lluiña, Xixón..., pasando a Cantabria antias de volver a Madrid.

El cuadro

    El cuadro móstranos básicamente úa vista das Figueiras del época dende a praya del Muelle, unde vemos un primeiro plano da Fonte da Ribeira y el muro que la separaría del Palacio, con Castripol y a ría al fondo.

    En primeiro término algúas personas dedícanse a os labores relacionaos col porto (vemos dous mariñeiros trabayando con un risón, outros dous con un caldeiro, outro nun barco y úas muyeres acarrexando augua da fonte). Nun segundo plano vemos úa tremenda actividá mariñeira con hasta cinco embarcacióis ben definidas y muitas máis velas al fondo. Vese mui ben toda acosta hasta lo que pode ser a Punta de Rapalacóis. Hoi en día esa mesma ribeira taría ocupada pola carretera, a Rula y el Pósito.

    Penso qu’a primeira embarcación que vemos pola esquerda podía tar faendo augua na Fonte del Pelamio ou na de Rapalacóis, mentres qu’a embarcación grande que vemos á dereta ta sin duda cargando algún tipo de mercancia, provisión ou incluso faendo augua na fonte da Ribeira.

El porto

    Naquela época, el actividá principal del porto era a pesca de baxura y el comercio de cabotaxe entre os portos pequenos del Cantábrico, porque as comunicacióis por terra premiaban el uso d’embarcacióis pra tresportes pequenos.

    Nun temos datos esactos del porto das Figueiras dos anos noventa del siglo XVIII. En 1753, nas respostas al Catastro del Marques de la Ensenada indicaban na pregunta 37: «... que en este dicho Coto ay diez y ocho navios, pertenecientes a otros vecinos, como resulta a sus Relaciones y regulan quarenta y cinco reales de Vellon por cada tonelada. También doce Lanchas de Pesca, pertenecientes a dichos vecinos, según resultan de sus relaciones, y regulan a cada una de utilidad al año, doscientos reales de vellon»5.

    En conto al comercio marítimo, Pascual Madoz publica nel sou diccionario, na entrada «Figueras», os datos d'entradas y salidas de mercancías del aduana de cuarta clase esistente nel porto en 1844. As principales importacióis son as 237 arrobas d’azucre, as 3.700 libras de coiro curtido, os 9.791 quintales de ferro ou as 884 libras de lin.

     Entre as esportacióis a outros portos del país, temos as 1.653 arrobas de cravazón ou as 378.064 varas6 de lenzo del país (case el 90% das esportacióis totales asturianas d’aquel ano7), y figuran tamén 26.644 libras de carne salada y outros productos como cebolas ou ovos.

    Nun figuran nesta relación productos tradicionales como el cal, que si han ter ben importancia nas esportacióis del ano 1793, pois, según Mejide Pardo, «de 1793 a 1797 entraron en A Coruña, con carga exclusiva de cal, 130 barcos, que procedían en su totalidad de Ribadeo, Figueras, Castropol y Vegadeo»8. Había ser sin duda el cal dos sete caleiros esistentes na Lieira9. Tampouco nun figura a madera, que se consideróu esportación tradicional da comarca, pro quizás con máis importancia en épocas anteriores.


As embarcacióis

    El cuadro danos información tamén sobre el tipo d'embarcacióis que s’usaban (se consideramos qu'el autor era ben realista y que, comparando con outras vistas d’él, nun repite os modelos). Anque nos adentremos nel campo das hipótesis, el barco da dereta ben puidera tratarse d’un patache10 ou, máis seguramente, un quechemarín11. Tamén pode ser úa chalupa del bonito, pro a esistencia de bauprés fainos pensar outra cousa, porque estas nun lo tían. As lanchas que se ven máis al fondo poden ser trincaos, embarcacióis tradicionales das Rías Altas qu’arbolaban un solo palo cerca da proa con forte caída hacía a popa y que levaban úa sola vela de grandes dimensióis12.

    É destacable por outro lao que nun s’observan nítidamente velas latinas entre as lanchas qu’aparecen na pintura: as máis d’elas levan vela al tercio13.

    Polo demáis, y pra ir concluindo, pouco podemos aventurar sobre a vestimenta tradicional que leva a xente retratada nel paisaxe; tampouco podemos falar de Castripol, pois nun temos nitidez abonda.

    A pesar dos muitos perós que ye podemos sacar a este análisis y a pouca información que nos dá a perspectiva escoyida pol autor, debe destacarse a valía que presenta como documento d'importancia pral análisis da historia das Figueiras y que completa un pouquín máis os datos que xa temos sobre a trayectoria d’este porto mariñeiro.


1 El dibuxo de Pedro Grolleiz foi presentao na esposición de materiales relacionaos coas Figueiras y a Guerra da Independencia que se amañóu con motivo das II Xornadas d'Historia Local. Forma parte da pinacoteca da Real Academia Española.
2 Ignoraba al hora de escribir el artículo unde se anunciara anteriormente a esistencia del cuadro en cuestión, máis tarde sacarónme del error cua copia del artículo Figueras de Asturias, que M.A.Serrano Monteavaro publicóu nel semanario La Comarca del Eo en fecha que desconozco.
3 GÓNZALEZ SANTOS, Javier (2004): «La vista de San Lorenzo y del Campo Valdés de Gijón: un cuadro del paisajista Mariano Ramón Sánchez Pintado para Jovellano007. Archivo Español de Arte. LXXVII. 308. 385-395. Http://archivoespañoldearte.revistas.csic.es
4 DE LA MANO, José: JMariano Sánchez y las Colecciones de Vistas de Puertos en la España de finales del Siglo XVIII (2012) .Http//:www.josedelamano.com.
5 A pergunta dicía testualmente: «37. Si hay algunos Individuos, que tengan Embarcaciones, que naveguen en la Mar, ò Rios, su porte, ò para pescar: quantas, à quien pertenecen, y què utilidad se considera de cada una à su Dueño al año». Interrogatorio a que han de satisfacer, bajo Juramento, las Justicias, y demás Personas, que harán comparecer los Intendentes en cada Pueblo. Real Decreto de 10 de octubre de 1749.
6 Según a Real Orde de 9 de decembre de 1852, pola que se determinaban as correspondencias entre as pesas y medidas métricas y as actuales en uso: úa arroba equivale a 11,5 kilogramos aprosimadamente; un quintal, a 46 kilogramos aprosimadamente; úa libra, a 0,46 kilogramos aprosimadamente; y a vara castellana, a 0,83 metros. Usando estos datos, as importacióis citadas son estas: 2.725 kilogramos d’azucre, 1.700 kilogramos de coiro curtido y 450.000 kilogramos de ferro. Entre as esportacióis: 19.000 kilogramos de cravazón, 12.500 kilogramos de carne y 313.000 metros de lenzo del país.
7 OCAMPO SUAREZ-VALDES, Joaquín (1990): Campesinos y artesanos en las Asturias preindustrial (1750-1850). Silverio Cañada Editor, Uvieo: 308-317.
8 Citao en MÉNDEZ PÉREZ DE PRESNO, Marcelino & LOMBARDERO RICO, Chemi (2005): Los hornos de cal en el extremo occidental asturiano. CEDER Oscos-Eo, Uvieo
9 Ibid., p.
10 «[...] buque de tonelaje medio-pequeño que fue muy corriente en los puertos del Norte de España en la segunda mitad del siglo XIX [...] eran barcos toscos y robustos, que fueron muy numerosos en la matricula asturiana. Realizaban fletes de cortas distancias, generalmente llevando madera y mineral –cargas de poco valor por unidad de volumen—, y fueron los últimos supervivientes del tiempo de la vela: todavía bien entrado el siglo XX se veía a pataches del occidente asturiano o de Galicia cruzar el Cantábrico...».GARCÍA LÓPEZ, José Ramón (2010): Historia de la marina mercante asturiana. Apogeo y ocaso de la vela (1840-1880). 2ª Edición, Museo Marítimo de Asturias, Lluanco: 94 y ss.
11«[...] era poco más que una lancha mayor de pesca (las que en Asturias se denominaron lanchonas), y de estructura parecida. Se diferenciaban de ellas, aparte del mayor tamaño y tener bordas más altas, en que iban provistos de bauprés con botalón (palo que sale de la proa y que permite montar las velas denominadas foques) y destinaban la mayor parte del espacio para carga [...] solían tener una capacidad de carga que oscilaba entre las 10 y 40 toneladas, y muy rara vez superaba las 50 [...] fueron muy populares en las Asturias de la primera mitad del siglo XIX». Ibid., p. 95.
12 RODRÍGUEZ GÓNZALEZ, César (2006), “Los barcos de cabotaje del Cantábrico”, Barlovento nº 11, Cuaderno de bitácora de la Fundación Villas del Cantábrico.
13 Según Agote Aizporua (Gure Itsasontziak [Nuestros Barcos]. BERTAN nº 23, Diputación Foral de Guipuzkoa. Departamento de cultura y euskera: 82), a vela al tercio predominóu nas embarcacióis menores del Cantábrico polo menos dende el siglo XVI. 



domingo, 7 de junio de 2015

Fotos aéreas das Figueiras

     Deixo aquí úas fotos sacadas da fototeca del Instituto Xeográfico Nacional, que se poden consultar na súa web. Máis qu'analizar a evolución das Figueiras dende aquel tempo (eso deixolo pra úa entrada qu'hei faer con fotos d'alta calidá del conocido como "Vuelo americano" de 1957), lo que me centro é na evolución del Tesón ou máis ben nel sou avance hacía A Ribeira.
 
    Con pequenos calcúlos que fixen d'un xeito artesanal calcúlei a distancia entre el Tesón y el Muelle: na primeira das fotos (1945) a distancia del Tesón á punta del Muelle Novo é de 210 metros aprosimaos; de 175 metros aprosimaos nos anos 1957,1973 y 1984; de 160 metros aprosimaos nel ano 1989; y d'us 60 metros nestos tempos.
 
    Nel primeiro dos avances del Tesón namáis hai un cambeo significativo na Ría del Eo: a construcción da primeira parte del muelle comercial de Mirasol en Ribadeo. Nel outro avance pode qu'afectara a construcción da Ponte dos Santos (a escolleira de Ribadeo inda nun taría construída) y nel último avance hasta a actualidá entendo qu'afectaría a mezcra de todos os factores: Ponte, escolleira, Muelle de Mirasol y hasta os cultivos das ostras y ameixolas que puideran afectar á Lieira.

   Fose lo que fose, ta claro qu'A Ría y As Figueiras merecen úa solución qu'axude tanto a recuperar os canales como a vida animal que naquel tempo había y hoi xa nun queda, y que deixe que volvan os aguiyolos, carneirolos y demáis.
07-10-1945  Vuelo AMS-46/47. Ministerio de Defensa (CECAF). Imaxen procedente dos archivos del Exército del Aire

17/05/1957  Vuelo AMS-56. Ministerio de Defensa (CEGET) "Vuelo americano"
1973
12/09/1984
1989
2014

jueves, 28 de mayo de 2015

Empezo

Vexo muitas fotos en branco y mouro das Figueiras, hestorias que nun quero esqueicer... Sirva este blog como pequena contribución pra xuntalas... hei agradecer a vosa colaboración.
Vista da Ribeira publicada nel Tomo II (1897) da monumental obra "Asturias" dixigida por Octavio Bellmut y Traver y Fermín Canella y Secades.