jueves, 1 de abril de 2021

As Figueiras medieval: as propiedades da Catedral de Mondoñedo

    Vaya por delantre qu'As Figueiras nunca perteneceron al Obispao de Mondoñedo (qu'hai por ei muitos aventureiros famentos de tarrén qu'enseguida aprovetan pra mover os marcos), pro si qu'é verdá qu'a súa catedral tía un patrimonio desadorme unde s'incluían propiedades na nosa comarca, y qu'era xestionao dende el administración das Ribeyras de Sante (el actual Sante en Trabada). 

    Era normal qu'as distintas institucióis eclesiásticas tuveran propiedades repartidas por toda a contornada fruto d'herencias, cesióis y similares. Tamén era habitual que tuveran propiedades máis lonxe del sou centro de poder, qu'había ser el caso que nos toca.  

  Esas estensióis territoriales faían imprescindible cuntar con úa búa xestión administrativa, que xeneraba abonda documentación y que, en mayor ou menor medida, chegóu hasta os nosos días.

    Nel caso da Catedral de Mondoñedo, parte d'esa documentación figura nos tumbos. Enrique Cal Pardo publicóu a trescripción de parte d'elos nel libro Tumbos del Archivo de la Catedral de Mondoñedo. Calendarios, editao pol servicio de publicacióis da Diputación Provincial de Lugo nel ano 2005. Neste libro, figuran úas poucas referencias ás aldeas qu'arrodiaban lo que máis tarde habían ser As Figueiras.

    Tamos falando en concreto de cinco localizacióis: LoysGrandasSan FelisSan Romao y Vidallún.

    Nun hai duda algúa pra identificar as aldeas indicadas, quizáis os máis desconocedores del lugar nun vinculen a heredá de San Felis col nome tradicional da praza de López Acevedo (ou de San Foliz). Esta diferenciación d'entidades tan achegadas era posible porque naquel momento nun existía como tal úa población mayor que las xuntara. 

    Tamén pode parecer chocante el nome de Vidallún. El actual nome de Viyadún é úa metátesis (el cambio del orden dos sonidos dentro dúa palabra) de Vidayún y nun ten nada que ver con vila, senon que seguramente ha vir dalgún nome propio. Un caso parecio é el que ten lugar na localidá taramundesa de Villarede, que tampouco ten que ver con vila, senon qu'a ben seguro indica a pertenencia del lugar a un Guillermo.

   Este último punto queda totalmente claro condo falan de San Romao, que nun había ser outro qu'el medieval porto de San Román, al que me gusta calificar como verdadeiro xermolo del posterior Coto das Figueiras, dende el momento en que, na Concordia entre las villas de Ribadeo y Robodero del 19 de xeneiro de 1282 y que tantas desavenencias había provocar máis tarde, obriga a cargar as mercancías que quira vender a xente del conceyo de Roboredo desde Penalva hasta San Román

   Como podedes ver, en tres das escrituras adxetiva estas propiedades como d'Entre Ambas Aguas, denominación medieval da comarca entre os ríos Eo y Navia, deixando claro que fala dos territorios máis aló del Eo (alende a agua do Heuuepertenencentes al Obispao de Uvieo (enno bispado de Ouiedo). 

 Por último, había ser interesente profundizar na referencia al término servo condo se refire as heredades, xa que las denomina seruiçaya. Polo que sei, a existencia de servos de gleva foi pequena en Asturias y Galicia, lo que nun é abondo pra refugar de plano a súa existencia, sobre todo condo hai úa referencia tan clara.

    Poño aquí as trescripción de Cal Pardo (traduzo os rexestos y polo en letra negría os topónimos locales qu'aparecen nos documentos): 

1314, xeneiro, 1. Advertencia que fixo el cabildro al canónigo García Guillelme sobre a servicialia y as heredades de Loys y de Entre Ambas Aguas.

Cal.I,fol.72v

Transcr.: Siglo XVIII, 30r-v.

Era m.ccc.1.secunda. O primeyro dia de janeyro. Seendo o sennor o bispo don Rodrigo et don Pedro Gonçalues dayan et as persoas / et  coengos de Mendonnedo en cabidoo disseron et frontaron a don Garçia Guillelme coengo que presente siia que a sua seruicaya et os / seus herdamentos de Loys et de Entre Ambas Aguas que lle deran con la amiistraçon das Ribeyras a que perteeçia que os teuese / guardados et parados en guisa que se non perdessen aa yglesia. Et esse don Garçia disso que outorgaua et conoçia que reçebera /deles os ditos herdamentos et seruiçaya con la dita amiistraçon. et prometeu et otorgou et obligousse por sy et por todos seus / bees de os dar et entregar a todo tempo en pas et en sluo aa yglesia et ao cabidoo de Mendonnedo. Testemoyas don Affonso Peres / chantre. don Martin Pelaes archidiago. don Pay Eanes maestrescola. don Roy Lopes thesoureyro. Rodrigo Eanes coengo et outros ommes boos /do cabidoo. Et eu Pedro Eanes raçoeyro et notario da yglesia de Mendonnedo.

1315, setembre, 8. El cabildro arrendóu al canónigo Fernán González a servicaya y heredades de Loys de Entre Ambas Aguas, por días da súa vida.

Cal.I, fol.97r,

Transcr.: Siglo XVIII, fol. 88v-89r

Era de mill et <ccc> 1ª et tres annos. oyto dias andados de setembro. Saban quantos esta carta viren commo nos Pedro Gonçalues /dayan et cabidoo de Mendonnedo seendo aiuntados con nosso sennor obispo en cabidoo por campaa tannida assy commo he de costume. con / otorgamento de don Garcia Guilleme coengo desse mismo lugar amiistrador dos meses das Ribeyras que presente se. arrendamos / a vos Fernan Gonçalues coengo a nossa seruicaya et herdamentos de Loys de Entre Ambas Aguas que perteeçen aos ditos / meses. por en todos uossos dias. Et auedes a dar por eles a nos et ao amiistrador que etes meses teuer dusentos / et çinquenta morabetinos cada anno desta moeda que agora corre del rey don Fernando ou a valia deles en outra moeda se esta / en vosos dias minguar ou creçer. Et o dito don Garcia deueuos esta seuicaya et herdamentos a faser desembargar / ata dia de Pascua primeyra que uen su pea de seysçentos morabetinos da dita moeda que nos peyte por nome de pea et de interesse / se assy con cumplir. Et se uos los ata este plaso non desembargar. que uos non seades teudo aa renda. Et eu / o dito Garcia Guillelme obligome por min et por todos meus bees su pea dos seysçentos morabetinos para faser desembargar ao / dito Fernan Gonçalues a dita seruicaya et herdamentos ata o plaso de Pascua sobredito. Et eu o dito Fernan Gonçalues obligo min et meus /bees para pagar a cada anno a renda sobredita commo dito he. se me esse don Garcia a sita seruicaya et herdamentos / desembargar ata o plaso ia dito. Et non deue a leixar este herdamentos nen uos non mos deuedes a toller su pea /doutros seysçentos morabetinos que peyte a parte que o non quiser cumplir aa outra parte que o cumplir por nome de pea et de interesse. Et que esto seia çerto as partes mandamos ende escriuir esta carta enno liuro do cabidoo por Pedro Eanes raçoeyro et notario / da yglesia de Mendonnedo. Testemoyas o dayan sobredito. don Affonso Peres Chantre. don Martin Pelaes archidiago de Montenegro. don Pay Eanes mestrescola. / don Roy Lopes thesoureyro et outros persoas et coengos et outros boos do cabidoo. Et eu Pedro Eanes reçoeyro et notario / sobredito a todo esto presente foy et a rogo et e por mandado das partes sobreditas escriui ende esta carta con mina mao / et en testemoyo de uerdade puge en ela meu sinal que he tal. Feyta en Vilamayor enno alpende do dito / sennor bispo na Era et dia sobreditos (Signo, en el que se lee: Petrus Iohannis notarius), 

1316, agosto, 2. Preito entrabao entre os canónigos García Fuilleme y Fernán González sobre beis de Loys, San Felis, Grandas y San Romao, máis aló del Eo

Cal.I, fol. 75r. 

Transc.: Siglo XVIII, fol.36r-v

Era de mill et ccc. et 1ª. e quatro annos. lues. ii. dias andados de agosto. Seendo o bispo don Rodrigo et don Pedro Gonçalues / dayan con las persoas et coengos de Mendonnedo enno seu alpende do bispo aiuntados en cabidoo por campaa tannida assy commo he de costume / et assignaladamente sobre contenda que era entre don García Guilleme et Fernan Gonçalves coengos desse lugar en rason dos herdamentos / do cabidoo que an en Loys et en San Felis et en Grandas et en San Romao et en seus terminos alende a agua do Heuue os / quaes perteeçen aa miistraçon das Ribeyras de que este don Garçia he miistrador. Os quaes herdamentos e o cabidoo por consentimento et /outogamento desse don Garçia arrendaron ao dito Fernan Gonçalues para en todos seus dias et por dusentos et çinquenta morabetinos cada / anno. o sobredito García Guilleme obligou ao dayan et ao cabidoo a tempo de seu finamento os ditos hardamentos de Entre Ambas Aguas liures et desembarga /dos con todas suas melloras assy commo llos deron et en mellor estado en quanto poder. Et enton esta obligaçon assy feyta et / reçebida. o dito Fernan Gonçalues rogou ao cabidoo aque lles quitassen a renta que lles destes herdamentos tinnan feyta. Et o dayan et cabidoo / a seur rogo quitaron logo a renda. et ficaron os ditos herdamentos en lo dito don Garçia assy commo tinna ante que os a esse / Fernan Gonçalues arrendassen. Et desto mandaron a min Pedro Eanes raçoeyro et notario da yglesia de Mendonnedo que escriuisse esta aquí enno / liuro do cadiboo. et eu por se mandado escriuiha  con mina nai. Et en testemoyo de uerdade puge en ela meu sinal que he tal / Os que presentes foron o dayan. don Domingo Fernandes archidiago d-Asumara. don Pay Eanes mestrescola. Rodrigo Eanes. Roy Peres. Johan / Deus et Diego Dias coengos. et outros persoas et coengos et raçoeryros de Mendonnedo. Feyta en Vilamayor na Era et dia sobreditos. (Signo, en el que se lee: Petrus Iohannis notarius).

1341, xuyín, 9. El cabildro aforóu a Ares Gómez de Villaeymir toda a heredá de Vidallum y de Grande y de Loys, sita nel término de Castropol.

Cal.I, fol. 170v.

          Transcr.: Siglo XVIII, fol.240v-241v.

Noue dias do mes de julio. Era de mill ccclxxviii anoos. Sabean quantos esta carta viren commo / nos Johan Dominges dayan et cabidoo da iglesia de Mendonnedo con outorgamento et consentimiento / d-Aras Peres coengo desde lugar et miistrador da amiistraçon das Ribeyras de Sante., por nos o dito / cabidoo que he presente et outorgante seendo ajuntados en cabido por campaa tannida en esta villa / Villamayor enno paaço de nosso sennor obispo que esta cabo do pineyro segundo auemos de huos et de custume / auendo feytos tres cabidoos para esto et oie seendo o terceyro, damos a foro jur herdeyro para sempre / a uos Aras Gomes de Villaeymir et a uossa uos toda a nossa herdade de  Vidallun et de Grande et de Loys / que ias en termino de Castropol enno bispado de Ouiedo que perteesçe aa dita amiistraçon. Et deuedes dar de / foro dos ditos herdamentos cada anno quareenta et tres libras et a quatro soldos da moeda del rey don Affonso / a vinte soldos da dita moeda cada libra et a un dineyro et terça doutra cada soldo ou moenda qeu tanto valla ao amiistrador / que fora da dita miistraçon das Ribeyras de Sante. Ete deuelos pagar en esta guisa, a meatade delas enno mes / de desenbro. et a outra meatade enno mes de febreyro primeyros siguientes en pas et es saluo cada anno por /sempre. Et o dito Aras Gomes stando presente reçebo o dito aforamento et herdamentos por la dita renta por min /et pos minna uos et outorgo de o pagar aos preditos praços cada anno por sempre os ditos dineyros eu et quen veer / en minna uos segundo dito he ao amiistrador que ora he das Ribyeras de Sante et a os outros qeu o forem daqui /adeante por sempre. Et para assy comprir et pagar obligo os ditos herdamentos con todo o bon paramento / que eu et minna uos en elles fesermos. et demays obligo o meu casal de Villaaldris con todos seus / jures et perteençcas entradas et saydas que ha et auer deue. Et nos o dito dayan et cabidoo et Aras Peres / amiistrador sobretido outrogamos de uos nos coller os ditos herdamentos nen parte delles por mays / ou por menos que nos outro de.nen por outra rason alguna a uos nen a ossa vos pagandonos o dito foro. / Et que esto seia ´certo nos as ditas partes mandamos ende faser duas cartas en hun tenor por / Johan Eanes notario de Villamayor. et nos o dito dayan et cabidoo mandamos seelar a uossa con seello / do dito Aras Peres. Feyts en Villamayor enno dito lugar por testemoyas que foron presentes dom Ruy Peres arcidiago / de Viueyro. Fernan Fernandes d-Aguiar Garçia Peres et Franciaso Eanes coengos de Mendonnedo. Fernan Peres de / Meyra raçoeyro desse lugar. Affonso Dias d-Asança Pedro Dias de Couelas et outros. Et eu Johan / Eanes notario publico do bispo en Villmayor a esto que dito he presente fuy. con las ditas testemoyas / et esta carta scriui para o dita Aras Gomes por mandado das ditas partes et puge y meu signal /que tal he. en testemoyo de verdade.

Este he o traslado da sobredita carta a qual eu Johan Affonso raçoeyroi et notario da iglesia de Menddonnedo / ui scripta enna maneyra sobredita por Johan Eanes notario sobredito et signada con seu signal segunto / por ella apparesçia et seellada con o seello do dito Aras Peres con çera pendente. et a rogo de Aras Peres /coengo de Mendonnedo a dita carta (carta) en este liuro do cabidoo de veruo a veruo por minna mao trasladey / et en este traslado subscriui et en testemoyo de verdade puge meu nome et signal que tal he. Feyto este traslado en Villamayor iii dias de febreyro Era de mil. ccos et 1xxxx et /hun (1353) annos. Testemoyas que presentes foro et que a dita carta viron dom Ruy Sanchez dayam / Garçia Peres. Beyto Martines. Aras Peres. Ruy Dias Johan Peres coengos de Mendonnedo. (Signo)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario