El Progreso de Asturias foi úa revista editada na Habana (Cuba) entre os anos 1919 y 1957. A súa fundación ta mui relacionada col Occidente asturiano y coa Sociedad de Naturales de Boal, y, máis en concreto, con ún dos sous fundadores, Celestino Álvarez González (1881-1957), que foi director da revista dende el sou nacemento hasta a súa morte.
A revista avezaba a incluír nos sous númaros fotos de paisaxes d'Asturias pra ilustrar as novas que yes contaban del país a os emigraos asturianos, qu'eran os lectores d’aquela publicación, por eso presenta un bon fondo documental conservao hasta os nosos días por un neto del director y que foi adquirío pol Museo del Poblo d'Asturias (Xixón) xunto á colección da revista cuase completa.
As qu'espoño aquí son as fotos das Figueiras que topéi nel archivo. Pode haber algúa que sía conocida pro a min nun me sonan de velas nin publicadas en papel nin pola rede. A primeira d’elas, del ano 1930, mostra úa vista del Palacio dende A Canteira máis ou menos. Vense tamen A Ribeira y El Cotarelo. Nun primeiro plano (tapaos pol pé de foto), podemos estremar úa familia nel eiro (que ta labrao de meiz, si nun m'engaño). Na Ribeira vemos os burros ataos na entrada da caye Comercio y a Caseta dos Carabineiros.
1- Anónimo, Vista de la Villa de Figueras, 1930, Museo del Poblo d'Asturias. |
A segunda d’elas é úa vista da Ribeira y dos xardíos del Palacio. Na Ribeira vemos un bon grupo de xente, cuase todas muyeres, que quizáis tían esperando a os homes que vein del mar. Tamén vemos algo d'actividá mariñeira (hai carros nel muelle que puideran tar esperando a descarga das dúas grandes embarcacióis que tán atracadas). El Pósito inda nun taba construído (a foto é del ano 1930, anque igual é máis veya porque nese ano figúrome qu'as obras del Pósito habían tar empezadas) y lo que si vemos son os bancos qu'había al son da carretera y qu'agora tán destrozaos. Nel pé de foto falan del porto “de Castropol”, nel sito del das Figueiras, y citan a Ría del Eo (ría Eo), ese nome que dicen algús qu’inventamos os asturianos nos anos 80 del siglo pasao.
2- Anónimo, Vista del puerto de Castropol, 1930, Museo del Poblo d'Asturias. |
Outra das fotos, del ano 1925, mostra As Figueiras dende el camín da Talaya, con todos os eiros qu'había nel Cotarelo y todo el paisaxe hasta os montes das Campas. A cuarta é del ano 1932 y enséñanos a carretera de Barres (por error indica nel pé de foto que Barres pertenece a Tapia) dende A Bouza de don Miguel hasta as escolas. Nela vemos dous carruaxes y, se reparamos un pouco, un peteiro de xente a pé, todo rodiao de terras mui ben labradas.
3- Anónimo, Vista general de Figueras, 1925, Museo del Poblo d'Asturias. |
4- Anónimo, Tierras de labor y al fondo el pueblo de Barres, visto desde Figueras, 1932, Museo del Poblo d'Asturias. |
Hai dúas fotos máis ben interesantes das cayes das Figueiras. Na primeira d’elas, de 1920, temos un primeiro plano da caye Covadonga, con úa farmacia qu'esistía na casa que máis tarde foi a fruteiría de Consuelo. Tamén podemos ver en detalle a electrificación das cayes da vila, as aceras construídas nun faía muito y a vestimenta da xente d’aquela época. El outra foto é da caye da Talaya: é chocante ver a xente na porta das casas da caye faendo un posao pral fotógrafo. Nestas últimas fotos el nome que ye dan nel pé de foto á vila é el de “Castropol”, por eso é normal que tampouco nun se conozan.
5- Anónimo, Vecinos de Castropol en una calle empedrada, junto a una farmacia, 1925, Museo del Poblo d'Asturias. |
6- Anónimo, Calle empedrada de la villa de Castropol,1930, Museo del Poblo d'Asturias. |
El fondo d’El Progreso de Asturias ten tamén outras fotos da comarca case desconocidas (eu teño copia d’úa foto das Campas y outra d’úa nena xugando na praya de Penarronda) y seguro qu'el sou estudio ha trer algúa sorpresa pra os interesaos na nosa zona.
Por último teño qu'agradecer al Museo del Poblo d'Asturias a súa colaboración sin a qu'esta entrada del blog nun houbera sido posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario